InicioPolíticaO PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

O PP reclamou ao goberno local que reabra canto antes unha oficina de atención a turistas "no centro de Vigo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal ‘popular’, Luisa Sánchez, reprochou este martes ao alcalde da cidade, Abel Caballero, que presuma de “potencia turística”, mentres a única oficina municipal de información aos visitantes aberta a diario está “escondida” na décima planta do Concello. “Unha cidade que presume de ser cada vez máis visitada e que aspira á excelencia turística non pode tratar así de mal a quen vén coñecernos. De que serven os ‘mupis’ en Nova York se despois cando chegan os turistas non sabemos atenderlles?”, trasladou Luisa Sánchez nun comunicado.

Por iso, reclamou ao goberno local que reabra canto antes unha oficina de atención a turistas “no centro de Vigo”, e lembrou que a que estaba na rúa López Moura, está pechada desde hai meses, tras pasarse o prazo de renovación do aluguer, e que non se chegou a materializar o traslado a outra localización.

As traballadoras desa oficina pasaron a prestar servizo na ‘lonxa’ do Concello e, hai uns días, pasaron á planta décima (con motivo da reorganización para atender aos cidadáns migrantes que van facer xestións para o seu proceso de regularización). “É unha absoluta falta de previsión, un auténtico despropósito, e o que é peor, unha auténtica vergoña. Pero que tomadura de pelo é esta? Cantos turistas cren que van chegar ata aí buscando información?”, preguntou a líder da oposición.

Sánchez fixo estas consideracións xusto o día en que o Concello celebra a súa I Gala de Turismo, un evento que Abel Caballero definiu como unha forma de reivindicar o papel da cidade como potencia turística. Para a portavoz do PP, a gala organizouse “para encomio e gloria do señor Caballero” mentres Vigo “ten unha oficina de turismo invisible”.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...