InicioEconomíaVigo quere ter unha conexión directa con Londres

Vigo quere ter unha conexión directa con Londres

Caballero di que xa hai conversas con Ryanair.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo traballa nas bases do novo concurso para potenciar o aeroporto de Peinador coa vista posta en alcanzar unha conexión con Londres.

Así o confirmou, preguntado tras unha rolda de prensa, o alcalde, Abel Caballero, que sinalou que se traballa na elaboración dos pregos do concurso para unha posterior licitación pública.

A este respecto, indicou que “se barallan varios destinos” entre os que se contemplan rutas internacionais, incluída unha conexión coa capital británica, o que, ao seu xuízo, representa “unha magnífica noticia”.

Ademais, Abel Caballero explicou que as conversacións con Ryanair “van extraordinariamente ben” e afirmou que a súa actitude é “optimista” respecto dunha aposta da aerolínea irlandesa de baixo custo pola terminal viguesa.

Precisamente, este mércores, o pleno de Vigo aprobou unha moción para instar á Xunta a achegar os mesmos recursos ao aeroporto de Peinador que o Concello e a Deputación de Pontevedra co único voto a favor dos concelleiros socialistas.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...