InicioSociedadeA metade dos refuxiados afgáns que chegaron a Galicia están en Vigo

A metade dos refuxiados afgáns que chegaron a Galicia están en Vigo

A cidade olívica acolle a 16 dos 37 que chegaronn os últimos días.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia recibiu entre o mércores e este venres un total de 37 refuxiados procedentes de Afganistán, segundo os datos do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Durante este tres días foron derivados nove refuxiados á provincia da Coruña -seis homes e tres mulleres-, dos que cinco son menores. Todos eles vivirán na cidade da Coruña.

Ademais, a provincia de Pontevedra acolleu un total de 21 persoas -trece homes e oito mulleres-, nove delas menores de idade. A cidade de Vigo recibe a 16 e a de Pontevedra a cinco.

Os sete restantes foron destinados á cidade de Ourense. Son tres homes e catro mulleres, dos que cinco son menores de idade. 

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...