InicioSociedadeO Concello de Vigo destina case 300.000 euros a axudas para impulsar...

O Concello de Vigo destina case 300.000 euros a axudas para impulsar a creación de empresas e a contratación

Impulsará a conversión de persoal temporal en indefinido e a contratación de persoas sen emprego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo destinará case 300.000 euros a axudas para impulsar a creación de empresas, así como a contratación e a mellora de emprego.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, o alcalde, Abel Caballero, detallou que se procedeu á convocatoria das bases reguladores de axudas á creación de empresas e destacou que o importe destinado ás mesmas ascende a 197.000 euros, fronte aos 70.000 euros consignados para este fin o ano anterior.

Ademais, indicou que o goberno local aprobou as bases reguladoras para apoiar a mellora de condicións laborais e as contratacións con 100.000 euros. Así, sinalou que se impulsará a conversión de persoal temporal en indefinido e a contratación de persoas sen emprego.

A este respecto, puxo en valor a aposta do goberno local pola xeración de emprego, cuxa competencia “é exclusiva da Xunta”, que “recibe diñeiro” do Executivo central para este fin, a diferenza das administracións locais.

Noutra orde de cousas, o alcalde detallou que a programación do festival TerraCeo que acolle o Auditorio Mar de Vigo completarase co hip hop cubano de Cimafunk o próximo 6 de agosto e unha dobre sesión de guitarra co Twanguero e o rock de Desvariados o 8 de agosto. Ademais, o 28 de agosto terá lugar unha actuación dos vigueses Muñoz en sesión vermú. As entradas para estes concertos poden adquirirse a través da plataforma de venda do auditorio.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe o fin da “batalla de egos” entre Xunta e Concello que bloquea a recuperación da ETEA

O BNG de Vigo volveu instar este mércores á Xunta de Galicia e ao...

O PP de Vigo denuncia un pago de 1,1 millóns a DomusVi polo servizo de Axuda no Fogar “sen contrato”

O PP de Vigo denunciou que o Concello terá que pagar 1,1 millóns de...

Caballero crítico co borrador da lei de administración local: “Home, o primeiro é o alcalde de Vigo’

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou á Xunta que non se lle solicitase...

A Universidade de Vigo impulsa a dixitalización da acuicultura atlántica

Investigadores do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo participan no proxecto...