InicioMedio Ambiente e PatrimonioO corvo mariño máis lonxevo de Galicia foi anelado nas Ons en...

O corvo mariño máis lonxevo de Galicia foi anelado nas Ons en 2004

Foi observado a semana pasada nunha batea nas proximidades do porto do Grove.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O corvo mariño cristado é unha especie ameazada e en declive nas augas galegas. E, a pesar diso, acaba de dar unha moi boa noticia. Segundo informa o biólogo Álvaro Barros, acabase de atopar o que podía ser o exemplar máis vello de Galicia.

Bruno Díaz, do Bottlenose Dolphin Research Institute do Grove, remitiulle unha observación da semana pasada dun corvo pousado nunha batea nas proximidades do porto do Grove, cun anel de PVC azul. “Pois ben, este exemplar foi anelado por Alberto Velando na illa de Ons no ano 2004 cando xa era adulto, o que significa que como mínimo ten nada máis e nada menos que 20 anos!!! Todo un récord”, apunta Álvaro Barros nas súas redes sociais.

Segundo informa este biólogo, un dos principais coñecedores dos corvos mariños critados de Galicia, é o máis lonxevo dos varios milleiros de corvos mariños anelados tanto en Galicia como en Asturies (neste caso por David Álvarez) nos últimos 25 anos.

Barros destaca que en distintas páxinas de internet podemos atopar un par de rexistros de aves británicas e irlandesas que chegaron aos 29 e 30 anos, pero son casos excepcionais. “De feito para esta especie superar a barreira dos 20 anos de vida xa é un auténtico logro. Sobre todo tendo en conta que o medio no que vive está contaminado, sobreexplotado e ateigado de trampas mortais en forma de artes de pesca”, engade.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...