InicioMedio Ambiente e PatrimonioBaixas ao garaxe e atopas un bufo pequerrecho coma este, que fas?

Baixas ao garaxe e atopas un bufo pequerrecho coma este, que fas?

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Unidade Medioambiental de Intervención Rural da Policía Local de Vigo, tras ser comisionada pola Central, desprazouse á rúa Manuel de Castro onde ao parecer había un bufo no interior do garaxe dun edificio.

O requirente facilitou aos actuantes a entrada ao garaxe e tras iso os Axentes puideron
capturar o ave cos medios dos que dispoñen.

Tratábase dun “moucho de orellas” ( Otus scops ), é unha especie de ave da familia
Strigidae, a rapaz nocturna máis pequena da península Ibérica, con 20 cm de lonxitude, 50 cm de envergadura e 100 g de peso, sendo a femia maior que o macho.

O seu plumaxe é extremadamente críptico, pasando totalmente desapercibido nas ramas das árbores onde vive. Comprobouse que este exemplar estaba en perfecto estado de saúde, polo que se devolveu ao seu hábitat.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...