InicioSociedadePovisa implanta o neuroestimulador máis avanzado do mundo, que non deixa á...

Povisa implanta o neuroestimulador máis avanzado do mundo, que non deixa á dor chegar ao cerebro

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Unidade da Dor de Povisa comezou a implantar o que se considera o neuroestimulador para control da dor máis avanzado do mundo, indicado para pacientes con dor aguda en patoloxía de costas ou dor rexional complexo e refractario a outros tratamentos.

Este neuroestimulador, que só utilizaron ata o momento outros tres hospitais españois, ten o tamaño dunha moeda de cincuenta céntimos e se implanta na médula espiñal, onde xera unha serie de descargas eléctricas que bloquean o sinal de dor e impiden que chegue ao cerebro do paciente. 

Este dispositivo ofrece unhas características que en conxunto supoñen “un paso de xigante respecto de dispositivos similares utilizados ata agora”, defenden dende Povisa. O paciente pode controlar en remoto o dispositivo, aumentando ou reducindo a estimulación eléctrica en función da dor percibida; e o equipo médico, mediante tecnoloxía bluetooth e aproximando unha tablet, pode descargar información precisa sobre o seu funcionamento, sobre o nivel de dor, as horas de neuroestimulación necesitadas ou os movementos do paciente.

Outro dos grandes avances do dispositivo ten que ver coa batería, a máis diminuta do mercado e con capacidade para cargarse completamente nunha hora. Ten unha vida útil de 15 anos, que se pode alargar a toda a vida do paciente se na neuroestimulación utilízase baixo voltaxe. Ata agora, este tipo de baterías debían cargarse cada catro ou cinco anos, obrigando a intervir ao paciente para iso. 

Co dispositivo, que recibe o nome de Intellis, Povisa pode seguir ofrecendo as solucións máis avanzadas do mundo en pacientes cunha dor crónico, agudo e incapacitante, podendo controlarse ata o punto de desaparecer por completo e permitirlles desenvolver unha vida normal.

ÚLTIMAS

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...