Polémica nas redes pola decisión dos ‘Celtarras’ de convidar a Laureano Oubiña, xulgado por narcotráfico

Falou e vendeu o sue libro no bar "Noso luar", no que sempre fan a previa dos encontros de fútbol estes siareiros do Celta.

Laureano Oubiña / Telecinco

O pasado domingo, na previa do Celta-Mallorca, os antigos ‘Celtarras’ ou ‘Celta Vigo Hooligans’ -siareiros do RC Celta- convidaron, Laureano Oubiña, xulgado por narcotráfico, a presentar o seu libro, ‘Toda la verdad’, nas portas do ‘Noso Luar’, o bar frecuentado por este grupo de afeccionados.

O feito non estivo ausente de críticas, xa que @dijochoeu, quen publicou a foto do ‘narco’ vendendo os libros no bar, ironizou sobre o tema.

Un feito que provocou numerosas reaccións nas redes sociais que acusan aos Celtarras de “branquear” a imaxe do contrabandista. Con todo, o grupo de siareiros que se formou en 1987, escindiuse noutros totalmente desmarcados da bancada orixinal, coma Tropas de Breogán, quen non participaron no acto co antigo narcotraficante.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here