InicioEconomíaNova sentenza anulatoria das accións do Banco Popular

Nova sentenza anulatoria das accións do Banco Popular

PUBLICADO O

- Advertisement -

Outro xulgado de Primeira Instancia de Vigo,  o número 1, acaba de anular unha compra de accións correspondentes á ampliación de capital de 2016 do Banco Popular, a quen, ademais, condena a pagar as custas de avogado, procurador e perito ás que o pequeno investidor tivo que facer fronte no procedemento civil.

Segundo a xuíza, o Popular non ofreceu na súa contestación á demanda “explicación probada que xustifique a súa dispar situación económica antes e despois da emisión” de accións.

A entidade, hoxe propiedade do Santander, alegou que no seu día informouse
aos accionistas dos riscos propios deste tipo de produtos, pero a xuíza entende que a seguridade dos valores descansa, entre outros factores, na propia solvencia da entidade, e que “a variabilidade xeral dos valores de empresas consolidadas oscila en rangos moi inferiores ao sufrido polos accionistas do Banco Popular, con anulación e perda total do investimento”.

A sentenza, que pode ser recorrida perante a sección civil viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra, precisa que o Popular “incumpriu a obrigación de dar unha información fiel da súa situación financeira aos contratantes de accións”, de modo que se produciu un erro invalidante do consentimento que xustifica a anulación da compra, con devolución dos 5.059 euros investidos e os intereses legais desde a súa adquisición.

Xoán Antón Pérez-Lema, que dirixiu a demanda, prognostica para os
próximos meses “centenares de anulacións de compra de accións do Popular
en toda Galicia”.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...