InicioSociedadeO BNG critica que colexios privados e ata centros relixiosos poidan ser...

O BNG critica que colexios privados e ata centros relixiosos poidan ser premiados como Vigueses Distinguidos

Ademais, desde o partido solicitan un novo sistema de votación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Diante da polémica aberta pola designación de Vigueses e Viguesas Distinguidas para este 2019, o BNG lamentou a ruptura do consenso co que tradicionalmente se concedían e a súa  suposta utilización “partidista e electoral”. O candidato do Bloque á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, defende que “esta situación visa a necesidade de modificar o sistema de nomeamentos”.

Neste sentido, Igrexas propón “ampliar a participación e a transparencia”, habilitando medios para que as viguesas e os vigueses poidan propor candidaturas e facendo que o Consello Social da Cidade, en tanto que máximo organismo consultivo do Concello de Vigo, poida servir de “espazo de posta en común para procurar o máximo acordo e consenso, atendendo e respeitando a pluralidade da cidade”.

Aliás, a formación nacionalista suxire que se aborde a posíbel redución do número de nomeamentos para cada ano para evitar a súa desvalorización. Medidas que para o candidato do BNG servirían para recuperar que os Vigueses e Viguesas Distinguidas sexan outorgados “en clave de cidade”.

Por outra parte, Igrexas tamén expresou o desacordo do BNG con algunha das propostas formuladas para este ano. “Desde o máximo respecto e sen ánimo de descualificar a ninguén, non podemos compartir que se equipare a colexios públicos e privados. E menos cando nalgún caso falamos de centros dependentes dunha confesión relixiosa, o que é incompatíbel cunha concepción laica como a que defendemos o Bloque”, lamentou o candidato.

“Esta decisión encádrase na política aplicada desde hai anos por Abel Caballero, abandonando a defensa firme do ensino público. Se algo hai que poñer en valor e potenciar son os colexios e escolas públicas da nosa cidade”, remachou.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...