InicioMovementos SociaisA manifestación feminista do 8M, en fotos: día e noite coas mulleres

A manifestación feminista do 8M, en fotos: día e noite coas mulleres

A manifestación feminista do 8 de marzo foi un gran éxito de público este 2019.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Miles de viguesas secundaron a folga deste 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia, sendo esta unha folga que traspasa o ámbito laboral, afectando ao ensino, ao consumo e aos coidados. Segundo a Policía Local, máis de 100.000 persoas manifestáronse nas rúas, sendo a concentración más masiva en Galicia.

Nos sectores máis precarizados e feminizados da Administración, como son os centros dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (residencias de maiores, centros de día e escolas Galiña Azul), o paro é masivo en Galicia e un éxito rotundo, cinguíndose exclusivamente a cubrir os servizos mínimos impostos polo Goberno galego.

As traballadoras de ambulancias, que están na terceira semana de folga por un convenio colectivo digno, salientan desde a CIG, tamén se sumaron nesta xornada á folga de mulleres, reivindicando o seu traballo nun sector profundamente masculinizado.

Na comarca de Vigo a folga tivo un elevado seguimento. A limpeza do hospital Álvaro Cunqueiro viuse afectada a causa do paro de 24 horas, como tamén o servizo de cociña do centro médico vigués. Ao igual que a recollida do lixo (que xestiona a empresa FCC) e o mantemento dos parques e xardíns (do que se encarga Althenia).

 

No sector industrial hai que salientar a incidencia en empresas como Denso, GKN, Alonarti, Marsan, BorgWarner, Plastic Omnium, Asientos de Galicia, Viza, Alymosa, TRW, Domiberia ou Carchidea. Destacábel o seguimento da folga entre as traballadoras de Copo Galicia, tanto na quenda de noite como na da mañá.

Outras empresas nas que está a ter impacto son algunhas de alimentación como Frigolouro, Cerqueira, Valcárcel, Orbe, Fandicosta, Mascato ou Conservas Rías Baixas e do téxtil como Bimba y Lola, Pili Carrera, Paz Rodríguez e Selmark. De igual xeito, rexístrase un elevado seguimento en empresas importantes do sector dos centros de chamadas como Bosch e Unísono.

Por último, empresas do transporte como Gefco ou Vitrasa tamén rexistran un importante seguimento.

Máis alá de porcentaxes, a secretaria de Mulleres da CIG, Margarida Corral, destaca que “o verdadeiro éxito desta convocatoria reside en que “as mulleres fomos quen de pór no centro dos debates as discriminacións e as violencias que sufrimos polo mero feito de sermos mulleres, ou a necesidade de que os coidados sexan asumidos como unha problemática que se debe abordar desde as institucións, sen depositar en nós a súa responsabilidade”.  E advertiu que “non imos permitir máis conmemoración hipócritas e baleiras de contido, que facemos folga para que o poder entenda que non imos de farol nas nosas demandas”.

de día… e tamén de noite

por unha sociedade máis igualitaria

 

ÚLTIMAS

Falece un mozo en Vigo tras ter un accidente cunha carretilla elevadora

Un mozo de 24 anos de idade faleceu este xoves en Vigo tras sufrir...

Un ano de cárcere por deixar morrer de fame a cinco cans en Gondomar

Un home aceptou este xoves un ano de cárcere por deixar morrer de fame...

Nova imaxe gráfica do Marisquiño 2024, unha homenaxe aos adhesivos dos 90 no grafiti e ‘skate’

Os artistas Nano4814 e Sekone foron os encargados de deseñar a imaxe gráfica do...

Detido un mozo de 18 anos por roldar a vivenda dunha muller sobre a cal tiña unha orde de afastamento

A Policía Local de Vigo detivo na tarde deste pasado mércores a un mozo, S.G.B. de...