InicioCulturaDomingo Villar defende a capa e espada a Escola de Artes e...

Domingo Villar defende a capa e espada a Escola de Artes e Oficios: “É unha das maiores xoias de Vigo”

Domingo Villar segue a encher librarías nas súas presentacións, que causan furor entre os fans da novela negra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O movemento que xerou este xoves o escritor Domingo Villar á súa visita a Vigo non ten paragón e parece pouco menos que a contracorrente nestes tempos onde “ningúen” le novelas e temos todo o que queremos a un clic grazas a este aparalliño electrónico que levamos no peto.

O autor vigués, que reside na actualidade na capital do Estado, creou expectación e encheu a Escola de Artes e Oficios, onde presentou ás 7 e media o seu novo libro “O último barco/ El último barco”. Sae á vez en galego, na editorial Galaxia, e en castelán, grazas á editorial Siruela, o que fala moi ben do éxito deste autor de novela negra, do que xa se levou ao cine “A praia dos afogados”, se cadra a súa máis célebre obra.

A xira de presentación, que só podía comezar na cidade natal do artista, continuará o día 12 na Coruña (Moito Conto), o 13 en Ferrol (Casino Ferrolán), e por último o día 14 en Compostela na libraría Cronopios, sempre á misma hora, 7 e media.

As gafas do mestre Villar/ Miguel Núñez

Villar, moi vencellado ao seu, que sitúa as súas obras en lugares de Vigo, o Morrazo ou o Val Miñor, declarou para Cadena Ser a súa paixón pola Escola de Artes e Oficios, que non só era o espazo escollido para a devandita presentación, senón unha personaxe máis da obra, igual que o mestre de cerámica, Miguel Vázquez.

Literatura
Domingo Villar e Miguel Vázquez, mestre de cerámica / Miguel Nuñez

Unha escola de Artes e Oficios que naceu en 1885 e que nestas datas se atopa en perigo de desaparecer, 135 anos despois. Reivindicouna o escritor, para el é “unha das maiores xoias que ten a cidade, unha das máis sobranceiras e antigas, pero pouca xente sabe que existe, que hai grandes escultores, como se crean zanfoñas, ata hai pouco arpas, o propio Carlos Núñez aprendeu aquí a crear as súas gaitas”.

Ata lanzou un potente dardo ao ecosistema mediático da cidade olívica: “Unha escola coma esta, en calquera lugar do mundo, sería portada dos periódicos, cada día. Só hai un referente semellante en Bilbao”. En conclusión, Villar, que firmou libros para os numerosos fans que ateigaron a Escola, a valorou como un lugar “para a xente que fai as cousas despacio”.

ÚLTIMAS

Morre unha muller tras esborrallarse en pleno centro de Vigo

Unha muller de 56 anos de idade, M.A.S.M.,  faleceu na mañá deste venres en...

Tenta tirar pola xanela á súa parella tras unha discusión nun piso da rúa Pazo

Axentes da Policía Local detiveron a un veciño da cidade, M.F.C., de 41 anos, como presunto...

Queres saber como é a nova torre de control dixital de Peinador?

Trece monitores de 55 polgadas cada un que recollen as imaxes captadas por máis...

O conselleiro de Sanidade sobre a próxima entrada en vigor do novo contrato de Povisa: “Ninguén vai obrigado”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, ratificou este mércores que para abril --o...