InicioSociedadeVaidhé, amor polo deseño no centro de Vigo

Vaidhé, amor polo deseño no centro de Vigo

Desde Xornal de Vigo descubrimos os recunchos máis orixinais do pequeno comercio na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Vaidhé (Carral 7, Vigo) intentan dar cabida a técnicas, artes e estilos tan distintos como son a serigrafía, a moda ou a xoiería. É un deses establecementos que aínda loitan por dar luz ao pequeno comercio na cidade, despois do peche doutros históricos, como Confecciones Alfonso, que resistiu tódalas treboadas desde 1963 ata 2018, ou Bruxarte, que defendeu con suor durante 15 anos o valor da artesanía galega.

O éxito de Vaidhé descansa na súa colaboración con multitude de artistas, xente de tódolos tipos e de todas partes. Ao comezo, tiñan que buscar a estes colaboradores polas redes sociais, agora visitan directamente a tenda no centro de Vigo coas súas propostas.

Vaidhé/ Miguel Núñez

A iniciativa xurdiu de Iris e Elisa, dúas deseñadoras gráficas. Elas xa compraban a cotío produtos de deseño e ilustracións na rede, e tentaron abrir unha tenda física, porque non había ningunha semellante. Na actualidade, Vaidhé xa suma douscentos provedores e provedoras despois de tres anos de vida.

Así, teñen paxaros de papiroflexia para montar, corazóns e apósitos de cerámica, textos orixinais en cuncas, camisetas ou postais. Libros, e tamén un mapa do “Metro” de Vigo ou cámaras sumerxibles.

ÚLTIMAS

Juan Carlos I aterra en Vigo na súa primeira viaxe do ano a Galicia

Juan Carlos I aterrou este martes no aeroporto de Peinador, en Vigo, na súa...

A Audiencia de Vigo avala que a Xunta mantivese a tutela dun bebé para afastalo dun fogar “de violencia, inseguridade e neglixencia”

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou o...

Cae un grupo criminal momentos antes de atracar un banco en Vigo

A Policía Nacional e Garda Civil desarticulou un grupo criminal momentos antes de atracar...

“Todos unidos defendemos España”, lema do desfile do Día das Forzas Armadas en Vigo

A cidade de Vigo acollerá entre o 26 e o 31 de maio diversos...