InicioMovementos SociaisA folga da zona azul xa afecta á veciñanza: "Vin como dúas...

A folga da zona azul xa afecta á veciñanza: “Vin como dúas persoas se pelexaban por unha praza”

O conflito entre os traballadores despedidos pola concesionaria Dornier e a empresa parece non ter fin e vai para os 100 días.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pasan as semanas e continúa, polo momento irremediable, a penuria dos traballadores da Zona Azul de Vigo. “Estamos agardando a que o Concello mova ficha”, din o traballadores. Agora todo depende do goberno vigués, que xa denunciou publicamente os despedimentos pero aínda non puido solucionar a situación.

Durante a reunións de mediación que se produciron a pasada semana, presentaron 3 propostas diferentes á empresa. “Pero non lles valía ningunha das tres, así non se pode negociar”, lamenta Julio Fernández, delegado de UGT.

A empresa solicitara a mediación o venres, e estiveron reunidos catro horas o luns 26, cinco horas o martes 27 e ata seis o mércores 28, quince en total e sempre sen resultado.

Propuxeron á empresa que entraran os traballadores despedidos, empezar a traballar e negociar prexubilacións, posto que varios dos traballadores teñen máis de 55 anos. “Entendíamos que era unha proposta interesante”, lamenta Julio.

Os traballadores de Dornier, en protesta/ Miguel Núñez

Na última proposta, ata deixaban fóra a Luís Cordobés, compañeiro que quedaba a un lado (mentres non se emite sentencia, e co seu consentimento) para así poder arranxar o conflito.

“O mediador (José Mª Casas de Ron) non entendía nada, díxonos que era a primeira vez que non ía a elaborar un acta de acordo en toda a súa traxectoria”, denuncia Julio: “Cando unha parte non ten vontade, non hai nada que facer”.

Decidiron seguir co encerro e as mobilizacións, non así coa folga de fame que aprazaran tras solicitalo o mediador: “A min mesmo nunca me pasou isto e son moitos anos de delegado, desconcerta a actitude da parte empresarial”.

Por fortuna, tras máis de 3 meses de resistencia, puideron conformar unha caixa de resistencia en colaboración con cidadáns, funcionarios, comercios, compañeiros doutras concesións, a través da conta ES73-2080-0341-1630-4004-2791.

Os traballadores de Dornier, en protesta/ Miguel Núñez

Agora, neste momento crítico, piden ao Concello que teña en conta que este é un problema grande: “Vin coches dando 5 e 7 voltas e marchando ao final. Estase creando un clima de crispación, porque hai quen pagou un abono anual de 96 euros e teñen que ir a un párking de pago a deixar o coche. Esta mesma semana viñeron 5 ou 7 persoas polas oficinas a queixarse, pero nós non podemos facer nada”.

“Antes, co servizo activo, había rotación de vehículos, en cada plaza se podían mover media ducia cada día. A proba está na parte de atrás do Xeral, aparcadoiro que estaba sempre baleiro cando funcionaba a zona azul, e agora está cheo, porque os coches poden quedarse de 9 a 10 da noite. Hai indignación entre os veciños, xa vin como dous se pelexaban por unha praza”, resume Julio.

“O tema é moi complexo, falamos dun contrato de 24 millóns de euros para 10 anos, con 2 de prórroga”, lembra.

Parquímetro fóra de uso/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...