InicioSociedadeAbel Caballero asegura que o Goberno cumpre "os prazos" e o AVE...

Abel Caballero asegura que o Goberno cumpre “os prazos” e o AVE Vigo-Madrid “avanza a toda velocidade”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Segundo o rexedor olívico, esta mesma semana a Avogacía do Estado emitiu o informe favorable do prego da licitación do estudo informativo complementario desta conexión, polo que “se deu xa un paso importantísimo”.

Así mesmo, hai dous días foi remitido o expediente á Intervención Xeral do Estado. “Por tanto, o Goberno de España está a cumprir os tempos e os prazos e o tren de alta velocidade Vigo-Madrid directo por Cerdedo avanza a toda velocidade. O meu recoñecemento ao goberno”, aseverou.

Ademais, Caballero lembrou que o pasado mes de febreiro mantivo unha reunión co director xeral do sector ferroviario e o seu equipo e alí acordouse “ir con toda a prema posible no avance do tren de alta velocidade Vigo-Madrid directo por Cerdedo”.

Acordamos reducir os tempos ao máximo e, por tanto, facer a tramitación simultánea da Declaración de Impacto Ambiental e todos os proxectos posteriores como a aprobación do estudo informativo, a información pública, a audiencia das administracións e, en paralelo, o desenvolvemento do estudo complementario do CSIC como estudos arqueolóxicos, estudos de fauna e todos os que o CSIC pide”, detallou.

A previsión, apuntou, é que en febreiro do ano 2027 salga a exposición pública todo o conxunto do traxecto e inmediatamente despois declaración ambiental e proxecto técnico. O custo do proxecto técnico terá uns 60 millóns de euros de custo.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...