Unha nai de 23 anos de idade e o seu bebé de 2 foron atropeladas por un turismo conducido por un home de 83 anos. Os feitos ocorreron este luns sobre as 17:50 horas na Avenida Atlántida, á altura do numero 45, sendo a causa probable un descoido do condutor, resultando feridas leves.
Algo máis tarde, sobre as 08:15 horas do luns, producíase un atropelo no que se viron implicados o condutor dunha motocicleta e unha peón de 17 anos de idade. Os feitos tiveron lugar fóra de paso peonil na rúa Vista Alegre á altura do número 7, resultando ferida leve a muller atropelada.
Tamén fora arroiada unha muller de 71 anos de idade na rúa Brasil nº 8, polo condutor dunha motocicleta que se deu á fuga. Os feitos tiveron lugar sobre as 15:15 horas, fóra de paso peonil, resultando ferida leve a muller atropelada. Polo momento non foi localizado devandito condutor.