InicioPolíticaNova polémica no Pleno de Vigo tras aprobarse un novo programa de...

Nova polémica no Pleno de Vigo tras aprobarse un novo programa de vivendas para familias vulnerables

Caballero acusa a PP e BNG de non querer que se atenda a colectivos vulnerables. A oposición tacha a medida de "cortina de fume" e "estafa" porque só prevé facilitar o acceso a 10 vivendas ao ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobou este martes unha iniciativa para pór en marcha un programa que dote de recursos a ONG e entidades “para que cooperen na procura de vivendas para familias vulnerables“, e que poidan acceder a un aluguer a prezo alcanzable.

Así o confirmou o alcalde, Abel Caballero, que lembrou que o goberno local xa aprobou unha liña de axudas para que os propietarios de pisos baleiros os saque4n ao mercado, garantíndolles o cobro do aluguer, os seguros de falta de pagamento e os arranxos para que esas vivendas sexan adecuadas. “Trátase de que os colectivos e as familias vulnerables teñan tamén unha oportunidade de poder alugar unha casa, de poder alugar un piso, de ter unha vivenda”, detallou o rexedor, que criticou que o PP e o BNG abstivéronse na votación desta iniciativa.

Ao Bloque e ao PP tíñaselles que caer a cara de vergoña. Non queren que haxa un apoio para que familias vulnerables que están en dificultades poidan alugar unha vivenda”, censurou Caballero, que engadiu: “Se gobernasen o BNG e o PP esta cidade, estaría Santiago ocupando Vigo (…) Refírome a a Xunta, que o que fai sempre é ocupar Vigo, polo ao seu servizo”, afirmou. Caballero criticou que nacionalistas e ‘populares’ “dixeron que non a unha medida social”. “Estes son o Bloque e o PP, esta é a verdadeira cara do Bloque e do PP”, denunciou.

“CORTINA DE FUME” E “NOVA ESTAFA”

Mentres, o grupo municipal do PP explicou que se abstivo na votación desta iniciativa porque se trata dunha “proposta pobre e deficiente presupuestariamente”, xa que “só abarca unha decena de vivendas ao ano”. “Unha cifra ridícula tendo en conta as capacidades do Concello de Vigo e as necesidades existentes”, incidiron fontes ‘populares’, que matizaron que a súa abstención non significa que estean en contra do programa.

Segundo sinalaron, esta é “unha nova cortina de fume” coa que o goberno de Abel Caballero “pretende tapar a súa ínfima política de vivenda”, e lembraron, por exemplo, que as axudas á rehabilitación de pisos baleiros para polos no mercado de aluguer, beneficiarán a menos de cen inmobles. “Caballero debería aprender doutros concellos que crean oficinas municipais de vivenda para promover pisos a prezos alcanzables, do mesmo xeito que está a facer a Xunta no barrio de Navia”, proclamaron desde o grupo municipal.

Pola súa banda, o portavoz do BNG no Concello olívico, Xabier Pérez Igrexas (que tamén se abster), cualificou de “nova estafa política” do goberno vigués esta medida, e matizou que o que se aprobou este martes é “iniciar o procedemento para a licitacion pública deste servizo”, cunha dotación de 230.000 euros para os próximos dous anos.

É unha nova tomadura de pelo. O goberno local leva máis de 17 anos sen facer absolutamente nada en política de vivenda”, subliñou o edil nacionalista, e incidiu en que o programa aprobado este martes só prevé facilitar o acceso a 10 vivendas por ano, nunha cidade cunha lista de demandantes de vivenda pública de máis 6.000 persoas.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...