InicioSucesosAcusan aos estaleiros vigueses de "explotar" traballadores estranxeiros e enviar "falsas" mensaxes...

Acusan aos estaleiros vigueses de “explotar” traballadores estranxeiros e enviar “falsas” mensaxes de recuperación

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, e mais o deputado no Parlamento galego, Luís Bará, reuníronse este xoves con responsábeis da executiva comarcal da federación de Industria da CIG, para abordaren a situación que atravesa o sector naval na nosa cidade.

Durante o encontro, os responsábeis sindicais denunciaron que a situación real do sector nada ten a ver coa “propaganda da patronal”. Neste sentido, reiteraron que “apenas dous estaleiros teñen carga de traballo na actualidade” e por iso rexeitaron as mensaxes “triunfalistas” e “falsas” que se verquen reiteradamente desde a patronal aludindo á hipotética necesidade de 1200 traballadores e traballadoras para a construción naval. CIG-Industria volveu denunciar “a total falla de compromiso por parte do Goberno galego para reactivar o sector”.

“É intolerábel que diante dun naval que está en proceso de desertización o único que se ofreza sexa propaganda que fala de novos postos de traballo cando se segue a destruír emprego no sector“, denunciou o candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, aludindo aos datos que recollen que no primeiro semestre deste ano destruíronse 600 empregos nos estaleiros de Vigo.

As autoridades, na butadora do Ritz/ Miguel Núñez

“Hoxe un sector que foi punteiro e que chegou a empregar de maneira directa a máis de 10 mil persoas, ten apenas 2 mil operarios e operarias e nunhas condicións de absoluta precariedade”, acrecentou.

Diante desta situación, a fronte nacionalista demanda do Goberno galego un “compromiso real” para poñer en marcha “as enormes capacidades e potencialidades produtivas do sector naval”.

No concreto, demandan que se poñan en marcha mecanismos de intervención pública directa nun sector que cualifican como estratéxico, a través da creación dunha Corporación Industrial Pública Galega, unha medida que consideran estratéxica de cara a impulsar un holding da construción naval en Vigo. Aliás, volveron reivindicar a creación dun Centro de Reparacións Navais na Ría de Vigo que permita estabilizar a actividade e o emprego.

O deputado do Bloque, Luís Bará, comprometeuse pola súa banda a trasladar estas cuestións ao Parlamento de Galicia. Ademais, anunciou que se presentarán varias iniciativas e interpelacións parlamentarias, para exixir transparencia en relación aos fondos destinados a programas de formación no sector naval, que segundo denuncia CIG-Industria, non se estarían a executar correctamente.

Abel Caballero na botadura do Ritz/ Miguel Núñez

Outro dos aspectos que preocupan á fronte nacionalista son as numerosas denuncias de irregularidades na contratación de persoal estranxeiro con quen se estaría a incumprir as condicións laborais fixadas en convenio.

“Non se pode permitir que se explote a traballadores e traballadoras, con independencia do lugar onde se proveña, e que a autoridade laboral olle para outra lado”, afirmou Igrexas.

ÚLTIMAS

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...