InicioSociedadeO acoso e as carencias do sistema educativo, problemáticas que máis preocupan...

O acoso e as carencias do sistema educativo, problemáticas que máis preocupan aos mozos vigueses

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os mozos vigueses falaron: o acoso escolar e os erros no sistema educativo, ao que cualifican de mal estruturado e deficiente en temas como as drogas, son as dúas problemáticas que máis lles preocupan na actualidade.

A selección fixérona máis dun centenar de estudantes de escolas públicas, privadas e concertadas de Vigo, no marco do Programa Scholas Ciudadanía que leva a cabo por estes días na cidade olívica.

Desde hoxe luns e ata o venres 5 de outubro reuniranse para analizalas en detalle e achar as súas posibles solucións. Acompañados por unha vintena de docentes das escolas participantes e voluntarios da Escola de Maxisterio do CEU, entre outros, os mozos e mozas entrarán de cheo nesta “semana de inmersión” mediante ferramentas pedagóxicas coordinadas polo equipo internacional da Fundación Scholas Occurrentes, que lles axudarán a profundar nas problemáticas.

As sesións están a ter lugar no Colexio Jesuitinas Miralba. Este mesmo proxecto xa foi levado a cabo con éxito en varias cidades de España como Madrid, Barcelona, Valencia e Tarragona, e agora en Vigo, primeira cidade galega en acollelo.

O programa ten como obxectivo principal fomentar un espazo de encontro e diálogo entre os mozos participantes, e a partir de alí darlles voz e permitirlles construír as súas propias propostas fronte a problemáticas escollidas por eles mesmos.

Debuxo dun rapaz do colexio Paraixal/Miguel Nuñez

Desde formulacións lúdicas como xogos de rol, dinámicas de expresión corporal e talleres, ata investigación, documentación e entrevistas a especialistas dos temas seleccionados, os mozos, distribuídos en equipos, terán nas súas mans a tarefa de achar solucións a problemas que lles tocan moi de preto, en moitos casos, directamente.

O venres 5 de outubro, nun evento programado ante autoridades locais e rexionais, será a ocasión na que os estudantes presenten en limpo as súas propostas, coa esperanza de que sexan tidas en conta e consigan incidir en programas e políticas públicas.

Tras moitos anos traballando a nivel internacional por promulgar un cambio no sistema educativo, Scholas detectou que os mozos, lonxe da imaxe despreocupada que se ten deles, desexan ser escoitados e ademais ter a oportunidade de participar activamente na transformación das súas comunidades.

Pola súa banda, Scholas Occurrentes é unha organización Internacional de Dereito Pontificio presente en 190 países e que a través da súa rede integra a máis de 446.000 escolas e redes educativas. A súa misión é lograr a integración de todos os alumnos do mundo a través de propostas tecnolóxicas, deportivas e artísticas que promoven a educación desde a cultura do encontro.

ÚLTIMAS

O Val Miñor érguese novamente en contra da construcción de catro parques eólicos na Groba

Colectivos culturais e medioambientais que traballan na defensa da Serra da Groba presentaron alegacións...

Stellantis perde 22.300 millóns de euros en 2025 polo reaxuste da súa estratexia de negocio

Stellantis rexistrou unha perda neta de 22.300 millóns de euros no ano 2025, fronte...

O IEO e os mariscadores de Vigo únense para recuperar a volandeira tras anos de veda

O Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) e a Asociación de Marisqueo á boia Ría...

José González anima ao empresariado de Mos a solicitar as novas axudas á contratación

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo este mércores unha reunión...