InicioDeportesLuis Enrique recoñece publicamente que non convocar a Aspas foi un erro

Luis Enrique recoñece publicamente que non convocar a Aspas foi un erro

PUBLICADO O

- Advertisement -

O seleccionador do equipo español de fútbol, Luis Enrique, vén de recoñecer que foi un erro non convocar a Iago Aspas. A pesar de quedar fóra da súa lista, a baixa de Diego Costa por unha causa tan xustificada como converterse en pai, supuxo unha nova oportunidade para o dianteiro moañés. Máis aínda cando para sorpresa de todos foi titular, xogando ata o 68′. España gañaba dous a un a Inglaterra, os “inventores” do fútbol.

Aspas non foi o xogador máis destacado do encontro, mais ofreceu, coma case sempre, todas as súas virtudes, ou polo menos a visión para o xogo asociativo e o traballo defensivo e de recuperación do balón. O gol, desta vez esquivo para o príncipe das bateas, serviu para reivindicar a dous xogadores tan pouco empregados no mundial como Saúl e Rodrigo.

O adestrador asturiano, á espera de ver como se desenvolven os seus este martes contra a poderosa Croacia de Modric e Rakitic, fixo gala dunha das tarefas máis necesarias para un líder, a de rectificar cando un se equivoca.

Iago Aspas/ Liga Santander

Así, en rolda de prensa recoñeceu que “un faise unha idea do que espera e logo nos adestramentos descobres como traballan e recoñeces o teu erro e tratas de arranxalo. (Iago Aspas) víase con actitude e pensei que era un partido perfecto para el. Estou aberto a que me sigan sorprendendo os xogadores. O beneficio do equipo está por encima do que pense o adestrador”.

As sensacións son positivas para o combinado nacional, e máis tras coñecer tanto a boa disposición do equipo como a capacidade autocrítica de quen leva o mando. Esta nave pode chegar a bo porto.

Balcon decoradodo
Aspas no Balcon Aspas na seleccion /Miguel Nuñez

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...