InicioSucesosDeteñen a un menor tras golpear á súa familia e amenazar con...

Deteñen a un menor tras golpear á súa familia e amenazar con queimalos vivos por non darlle diñeiro

PUBLICADO O

A Policía Local procedeu este luns á detención de S.B, varón de 16 anos de idade, nacido en Senegal e domiciliado en Redondela (nun centro de acolleita) por ameazas e agresión.
Ás 16:50, os axentes, que realizaban un servizo na rúa Rosario Hernández Diéguez, observaron como un mozo se dirixía correndo cara a eles, e unha vez situado á súa altura, comunicou que necesitaba axuda porque o seu irmán se escapara dun centro de menores e tras presentarse no domicilio familiar golpeou á súa nai e irmáns.

Os Axentes comezaron a camiñar na dirección indicada polo raparigo, para intentar localizar ao seu irmán, e cando percorreran un treito duns vinte metros, apareceu
camiñando cara a eles S.B, o cal tras decatarse da presenza policial, quedouse parado no camiño.

levaba 7 días fuxido do centro de acolleita

“Un dos Policías achegouse ao menor para intentar dialogar con el, pero este sen mediar palabra abalanzouse sobre o axente para intentar agredilo polo que o actuante tivo que reducilo, empregando para iso a mínima forza imprescindible”, aseguran os policías.

Outra patrulla dirixiuse ao domicilio da súa nai, co fin de entrevistarse coa mesma, a cal manifestou que pouco antes o seu fillo, tras fuxir dun centro de menores, presentouse na súa vivenda para pedirlle diñeiro e que como se negou a entregarllo, ameazouna con volver e queimar a casa con todos dentro, e a continuación abandonou o lugar.

A nai do raparigo manifestou ademais, que o seu fillo acostuma levar chisqueiros encima e que teme que poida cumprir a súa ameaza. Unha vez nas dependencias policiais comprobouse que o menor fuxiuse do centro de acolleita o día 09/07/2018, polo que unha vez postos en contacto con devandito centro informóuselles da situación do menor.

ÚLTIMAS

O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion en Stellantis, Benteler e Lear

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal...

Terremoto de magnitude 1,8 en Vilaboa

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 con epicentro na localidade pontevedresa de...

Sindicato de Inquilinas Vigo urxe vivenda pública e regular prezos ante a “alarmante realidade” dos desafiuzamentos

O Sindicato de Inquilina Vigo-Baixo Miño urxiu este venres a regulación dos prezos de aluguer...

Unha sentenza recoñece un exceso de horas traballadas dos bombeiros de Vigo e obriga ao Concello a compensalas

Unha sentenza firme do xulgado do contencioso administrativo número 1 de Vigo obriga ao Concello...