InicioVigo e contornaVigoRedondela pide axuda para identificar os autores da desfeita na randeeira de...

Redondela pide axuda para identificar os autores da desfeita na randeeira de Outeiro Grande

Trátase dun elemento instalado na zona do Viso en 2023 e situado nun alto que permite gozar das vistas da Enseada de San Simón, da ponte de Rande e da Ría de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Redondela lanzou unha mensaxe a través das súas redes sociais para pedir a colaboración dos cidadáns co fin de poder identificar o autor ou autores da desfeita dunha randeeira instalada no miradoiro de Outeiro Grande.

A randeeira apareceu vandalizado tras a eclipse do pasado 12 de agosto, e os danos fan que quedase inservible. Trátase dun elemento instalado na zona do Viso en 2023 e situado nun alto que permite gozar das vistas da Enseada de San Simón, da ponte de Rande e da Ría de Vigo.

A viga superior de madeira apareceu partida pola metade e o Concello lamentou que “uns poucos” decidisen “cargar contra os espazos públicos e a natureza”. “O incivismo cústanos caro a todos os veciños. O patrimonio público respéctase”, trasladou o consistorio, que lembrou que o coidado deses espazos é “obrigación de todos”.

Por todo iso, fixo un chamamento a posibles testemuñas e pediu que quen teña información contacte coa Policía Local ou co propio Concello para “dar cos autores desta desfeita”.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...