InicioVigo e contornaRedondelaAgrupación de Electores de Redondela denuncia que a alcaldesa non cumpre cos...

Agrupación de Electores de Redondela denuncia que a alcaldesa non cumpre cos acordos de goberno

PUBLICADO O

A Agrupación de Electores de Redondela (AER), formación que obtivo un edil nas pasadas eleccións de maio e que asinou un acordo coa candidata socialista, Digna Rivas, para apoiar a súa investidura e entrar o goberno local, denunciou este venres que a rexedora “non está a cumprir” dito acordo.

Así, catro meses despois da investidura, e despois de que se asinase un acordo ante notario que incluía unha posible sanción de 100.000 euros á alcaldesa en caso de incumprimento, AER criticou que hai puntos do pacto que non se están levando a cabo e que mesmo algún “xa son imposibles”.

Entre os acordos, a Agrupación de Electores destacou o compromiso de reorientar o aparcadoiro de Vilavella con criterios ambientais. Respecto diso, explicaron que unha das condicións para apoiar a investidura de Rivas foi reorientar o proxecto para recuperar a ribeira natural do río Maceiras nese tramo, pero o estado actual dos traballos evidencia que a alcaldesa “non cambiou nin unha coma” do seu proxecto orixinal.

Por outra banda, tamén constataron que Digna Rivas “non fixo absolutamente nada” par avanzar na peonalización das rúas Pai Sarmiento, Paseo da Xunqueira e a contorna da Praza da Constitución.

Na mesma liña, denunciaron que tampouco se cumpre o acordo no relativo á xestión de emerxencias, porque non se dotou ao servizo municipal de máis recursos, nin hai contactos co Concello de Vigo para que os bombeiros da cidade poidan dar cobertura a emerxencias vitais en Redondela.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...