InicioCulturaDasoul e Ortiga, entre a programación musical do Entroido de Verán de...

Dasoul e Ortiga, entre a programación musical do Entroido de Verán de Redondela

Celebrarse o sábado 19 de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cantante canario Dasoul ou o artista galego Ortiga formarán parte da programación musical da XXIV edición do Entroido de Verán de Redondela, que se celebra o sábado 19 de agosto. O Concello redondelano ultima xa os preparativos dun dos eventos “máis esperados” na localidade, coa intención de ofrecer unha programación “que teña en conta ao público de todas as idades”, segundo indicou a alcaldesa, Digna Rivas, nun comunicado.

As actividades no recinto do campo da Feira empezarán ás 20.00 horas coa sesión dos DJ Carlos González e Borja Rúa. Ás 21.30 horas comezará a xa tradicional Gala Drag con Cristian de Samil como mestre de cerimonias e que repartirá 1.800 euros en premios. Tras ela, sobre as 23.00 horas será a banda A Quinkillada a que actúe, seguida de Ortiga e de Dasoul. A festa pechará co DJ redondelano Rodri Vegas.

Así mesmo, o Concello destacou a súa aposta polas actividades organizadas para os máis pequenos, co desenvolvemento de xogos e espectáculos para toda a familia en diferentes localizacións da vila. “Estas actividades ofreceranse en cinco espazos diferentes repartidos pola vila para evitar aglomeracións e que o público infantil e familiar poida rotar polos diferentes recintos”, indicou a rexedora.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...