InicioSociedadeTraballadores de Renfe protestan pola "falta de persoal" para o mantemento dos...

Traballadores de Renfe protestan pola “falta de persoal” para o mantemento dos vehículos en Redondela

Precisan un aumento de persoal co obxectivo de poder cumprir cos protocolos establecidos con calidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores do centro de mantemento de vehículos de Renfe en Redondela concentráronse na mañá deste xoves na devandita localidade pontevedresa ante a “falta de persoal” nas instalacións da compañía.

Tal como informou a Confederación Xeral do Traballo (CXT), que convocou a concentración, esta acción pretende chamar a atención para que a empresa aumente o número de persoal operativo no taller, co obxectivo de que permita cumprir cos protocolos establecidos con calidade.

“Queremos solicitar tamén que se mellore a xestión de repostos, xa que en ocasións o atraso na subministración de determinados elementos está a supor aumentar os tempos de mantemento dos trens, repercutindo na calidade do mantemento e na dispoñibilidade de material“, engadiu a organización sindical..

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...