InicioEconomíaAdxudicadas as obras dunha pasarela peonil para o Camiño Portugués no Porriño

Adxudicadas as obras dunha pasarela peonil para o Camiño Portugués no Porriño

Tal como informou o Goberno nun comunicado, esta actuación enmárcase nas previsións do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para mellorar as condicións de seguridade de usuarios vulnerables das estradas do Estado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana adxudicou a construción dunha pasarela peonil para o Camiño de Santiago Portugués no Porriño por un importe de 233.741 euros.

Tal como informou o Goberno nun comunicado, esta actuación enmárcase nas previsións do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para mellorar as condicións de seguridade de usuarios vulnerables das estradas do Estado.

“A pasarela ten por obxecto establecer un itinerario seguro que permita o paso dos peóns, principalmente peregrinos, sobre o ramal entre a autovía A-52 e a estrada N-550. Esta actuación permitirá suprimir o actual itinerario, consistente nun cruzamento en superficie que xera situación de inseguridade por mor da escasa visibilidade”, explicou o Executivo central.

ÚLTIMAS

O condutor falecido tras unha pelexa con outro na A-55 en Mos morreu por un paro cardíaco

A autopsia practicada ao condutor de 52 anos falecido o pasado domingo tras unha...

O goberno de Vigo di que actuou dentro da legalidade tras suspedr o contrato do bus

O Concello de Vigo fixo público este martes un comunicado sobre a suspensión da...

O Concello de Vigo critica o “estado lamentable” da antiga estación de autobuses tras cederlla a Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello aceptará a cesión da...

O BNG esixe explicacións urxentes pola suspensión do contrato do bus de Vigo e alerta de “inseguridade xurídica”

O grupo municipal do BNG anunciou este martes que solicitará a convocatoria dunha Xunta...