InicioVigo e contornaO PorriñoO BNG reclama ao PSOE "que impida a entrada do PP" na...

O BNG reclama ao PSOE “que impida a entrada do PP” na Alcaldía do Porriño

Os nacionalistas avanzaron que favorecerán "un acordo de esquerdas" e insistiron na necesidade de "amplitude de miras" para "poñer por diante o interese xeral e a calidade de vida das persoas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG emprazou o PSOE a “buscar unha solución que garanta a investidura” dun novo alcalde no Porriño e “impida a entrada do PP” no goberno local, mentres criticou que en negociacións entre outros grupos con representación na corporación municipal “primen intereses de parte antes que o interese xeral”.

Aínda que insistiu en que “non pon vetos”, considerou que o actual rexedor nacionalista en funcións, Pedro Pereira, “sería a mellor opción para dirixir o Concello”, segundo recolleu o Bloque nun comunicado. En todo caso, o BNG avanzou que favorecerá “un acordo de esquerdas” e insistiu na necesidade de “amplitude de miras” para “poñer por diante o interese xeral e a calidade de vida das persoas”.

Así, advertiu de que “as solucións para O Porriño nunca van vir de man dunha dereita que se coñece dabondo” e que “xa paralizou cunha moción de censura o cambio iniciado polo Bloque no período 2003-2010”.

Tras recalcar que “sempre está aberto a acordar en positivo novas iniciativas en beneficio do Porriño”, reprobou que en negociacións mantidas entre os distintos grupos “primen os intereses de parte”, o que pode levar a que “a dereita poida fortalecerse grazas a ese irresponsable comportamento”. Neste sentido, subliñou que este é o momento de acordar a investidura do novo alcalde, así como de “negociar a persoa que ocupe a Alcaldía e as liñas básicas do futuro goberno”.

SITUACIÓN ACTUAL

Esta situación prodúcese despois de que a que fora rexedora desde 2015, Eva García de la Torre, dimitise para frear unha eventual moción de censura do PP facilitada por EU-SON. Aínda que posteriormente EU-SON e os socialistas mantiveron un primeiro encontro “cordial”, a súa segunda reunión afastou a posibilidade de que se manteña un goberno de esquerdas cun novo desencontro tras o que ambos os grupos realizaron acusacións mutuas de “megalomanía” e “faltas de respecto”.

A investidura do novo rexedor ou rexedora debe producirse, como tope máximo, o 23 de decembro. Así, se non se alcanza un acordo entre os grupos de esquerda, podería constituírse un goberno do PP, que conta con oito concelleiros, un menos que a maioría absoluta.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...