InicioMedio Ambiente e PatrimonioRexistran altas concentracións de lindano nas augas subterráneas na Louriña

Rexistran altas concentracións de lindano nas augas subterráneas na Louriña

Os datos rexistrados apuntan a unha presenza do composto tóxico ata 700 veces maior ao límite permitido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil realizou mostraxes nas que se rexistran valores de alta concentración de lindano nas augas subterráneas. Nos informes das mostraxes apuntan a 296 positivos en augas superficiais, dos que 28 superan os límites permitidos, e 80 en subterráneas, dos cales 23 alcanzan valores máximos chegan a superar 739 veces ese limiar por afección á saúde.

En concreto, alcanzáronse valores de presenza de lindano nas augas subterráneas do Baixo Miño de 29,48 ug/l, cando a lei marca o límite recomendado para a saúde en 0,04 ug/l. Ante estes datos, Ecoloxistas en Acción alerta da gravidade destas altas concentracións, pois o lindano é un composto altamente tóxico. Ademais, cabe destacar que a meirande parte da poboación das comarcas do Baixo Miño se abastecen de pozos particulares ou mananciais de traídas comunais que se nutren das augas subterráneas.

Ecoloxistas en Acción denuncian “a pasividade das administracións durante décadas cando eran coñecedoras do alcance de contaminación por lindano na Louriña”, tal como expresa o seu voceiro, Eloy Pérez. Tamén critican a despreocupación do goberno local de Porriño, ao que convidaron para participar no programa europeo de descontaminación Lindanet, pero a cuxa última reunión non acudiu ningún representante do Concello.

Ademais, a asociación recorda que a Xunta de Galicia anunciara o pasado ano a publicación das análises das zonas de Torneiros máis contaminantes, resultados que aínda se descoñecen.

ÚLTIMAS

Así operaba unha organización internacional de tráfico de armas detectada en Peinador

A detención en outubro de 2025 dun pasaxeiro no aeroporto vigués de Peinador, tras...

A Acampada de Vigo pide a Xunta e Concello solución habitacional para 10 persoas que pasan a noite na Alameda

A Acampada pola Vivenda de Vigo dirixiuse ao Concello e á Xunta para solicitar...

Vigo porá límites ao tráfico este Nadal para evitar atascos, con 12 días de máxima afluencia

O Concello de Vigo monitorizará de forma "continua" a afluencia de tráfico e de...

Pepe Álvarez participará este luns en Vigo nunha concentración en condena ao ataque sufrido na sede de UXT

O secretario xeral da UGT, Pepe Álvarez, participará este luns en Vigo nunha concentración...