InicioSociedadeCogami estrea en Mos unha vivenda tutelada para persoas con discapacidade

Cogami estrea en Mos unha vivenda tutelada para persoas con discapacidade

Este proxecto pretende mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade física.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cinco das corenta e dúas persoas usuarias que ten o centro de recursos que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten en Mos (COGAMI) este luns acudiron ao centro coa maleta feita.

Durante dous meses e medio van ser compañeiras de vivenda, porque serán elas as encargadas de estrear un novo proxecto piloto de vivenda tutelada e totalmente adaptada en Mos.

Na inauguración deste proxecto, a alcaldesa de Mos, Nadia Arévalo, e a conselleira de Benestar, Sara Cebreiro, acompañaron ao presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, ao director do centro de Mos, Celso Álvarez, ao director da oficina “la Caixa” de Mos, Ricardo Otero, entidade financeira que apoia este programa, e tamén a Alejandro Figueroa, membro das Xuventudes Socialistas, organismo que tamén apoiará este proxecto coa venda de entradas da organización do V Festival Solidario que será o 9 de febreiro, ás 17 horas, no Multiusos As Pozas de Mos.

“Aquí o que se trata é de poñer en valor as capacidades das persoas, que os espazos que temos non sexan centros permanentes, que a xente faga cada día a súa vida nun espazo”, apuntaba Anxo Queiruga. Engadiu tamén que a través deste tipo de proxectos “se trata de demostrar que se as persoas teñen uns apoios necesarios e recursos poden xestionar a súa vida, tomar as súas propias decisións”.

Baixo o nome de Independízate, COGAMI bota a andar un proxecto co que se pretende mellorar a calidade de vida e, sobre todo a autonomía das persoas con discapacidade física. O obxectivo é adestrar a 15 persoas en habilidades para a vida autónoma, polo tanto, as persoas participantes terán a oportunidade de convivir nun espazo adaptado, tendo a disposición persoal de apoio que lles acompañará no seu proceso de aprendizaxe e adestramento. A posta en funcionamento deste servizo será un recurso de vivenda tutelada para persoas con algún grao de dependencia e que precisen nun futuro deste tipo de servizo.

ÚLTIMAS

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...

Un operativo antidrogas en dúas casas de Vigo, unha delas okupada, remata con tres detidos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon un punto negro de venda...

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...