InicioVigo e contornaMosDesafiúzan a unha veciña de Mos por orde do seu propio pai...

Desafiúzan a unha veciña de Mos por orde do seu propio pai e no medio dun gran despregamento policial

O ano pasado xa se producira un intento de desaloxo que finalmente non se efectuou grazas ao apoio dos veciños da zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A comisión xudicial fixo efectivo este martes o cumprimento dunha resolución do xulgado de instrución 2 do Porriño e desafiuzou a unha veciña da parroquia de Torroso, en Mos, tras unha denuncia interposta polo seu propio pai, xa que a casa onde estaba a residir (cun fillo menor) é a vivenda familiar.

A mediados de febreiro pasado xa houbo un intento de desaloxo, pero non puido levar a termo porque un centenar de veciños da zona, en apoio desta muller, concentráronse nos arredores da vivenda e impediron o paso da Garda Civil.

Este martes, con todo, varias dotacións de axentes rodearon o domicilio e impediron o acceso de veciños e medios á zona perimetrada. Así, a media mañá, a comisión xudicial puido chegar ata a vivenda e a veciña afectada entregou as chaves.

Esta muller lamentou publicamente que o desafiuzamento é resultado dunha denuncia interposta polo seu proxenitor, que padece demencia e que, segundo a súa versión, estaría influenciado polos seus outros fillos. Así, chegou á proclamar que, en lugar de irmáns, son “corvos” e explicou que se atopa en situación de vulnerabilidade, sen emprego e cun menor ao seu cargo.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...