InicioVigo e contornaMos"Viva Russia", a pintada coa que amenceu a sede dos empresarios de...

“Viva Russia”, a pintada coa que amenceu a sede dos empresarios de Mos

O Comité Antifascista Lourinha reivindica a autoría dos feitos e condena aos que apoien "a guerra da OTAN contra Rusia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede de Aemos, a asociación de Empresarios de Mos, amenceu este domingo sinalada por pintadas vermellas na fachada, en concreto, dous grandes zetas e un ‘Viva Russia’ que o xerente da entidade, Fran Domínguez, denunciou como “un ataque en toda regra”.

Segundo trasladou a Europa Press, o suceso ocorreu de madrugada e “non foi un feito illado”. Así, explicou que sobre o 14 de novembro do ano pasado a fachada de pedra contigua á sede tamén aparecía cuberta coa lema ‘Esmaguemos o fascismo!’, un feito que non relacionaron directamente coa asociación.

Nesta liña, Domínguez sinalou que, como outras organizacións empresariais, Aemos participou activamente na recollida de alimentos, material farmacéutico e diñeiro para enviar a Ucraína, ademais de coordinar e facilitar a mobilización destes útiles ata o país.

Neste caso, a autoría dos feitos xa foi reivindicada vía redes sociais polo Comité Antifascista Lourinha, que condenou a axuda ao réxime ucraíno e censurou que “todos os que colaboren e manifesten o seu apoio ao nazismo e á guerra da OTAN contra Rusia deberán de ser marcados publicamente”.

Ante isto, o xerente trasladou que este luns interporán unha denuncia e destacou que a pesar de que “é moi triste ver isto”, non perden o ánimo e consideran importante seguir nesta liña de cooperación.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...