InicioSociedadeCiencia concede á UVigo máis dun millón de euros para pór en...

Ciencia concede á UVigo máis dun millón de euros para pór en marcha nove proxectos de Proba de Concepto

Tocan temas como o transporte, a enerxía, a sustentabilidade ou ferramentas aplicadas á medicina ou á saúde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Axencia Estatal de Investigación, dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, concedeu á Universidade de Vigo (UVigo) algo máis dun millón de euros para a posta en marcha de nove proxectos de Proba de Concepto.

Tal como recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), trátase de traballos dirixidos a acelerar a transferencia de coñecemento e os resultados xerados en proxectos de investigación básica, en progreso ou recentemente finalizados dentro do Plan Estatal de Investigación.

En concreto, son 400.000 euros máis que na anterior convocatoria, na que se conseguiron uns 681.000 euros destinados á realización de dez iniciativas. Nesta ocasión, o monte a repartir era de 40 millóns, financiados con fondos Next Generation UE, e máis de 80 organismos de todas as comunidades beneficiáronse, entre eles a UVigo.

Así, ao centro universitario olívico concedéronselle nove das 17 solicitudes presentadas, o que supón máis dun 50 % de éxito.

“A Universidade de Vigo xa tiña unha forte traxectoria en transferencia do coñecemento e isto maniféstase no éxito conseguido, tanto nesta como na pasada convocatoria”, reivindicou a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio.

Ela subliñou que máis do 75 % do financiamento conseguido corresponde a centros como Cintecx e atlanTTic, nos que predomina a transferencia como un efecto tractor no motor económico industrial para Galicia, con temáticas diversas que afectan o transporte, a enerxía, a sustentabilidade ou as ferramentas aplicadas á medicina ou á saúde.

“Case o 25 % restante corresponde a proxectos no marco do recentemente creado Instituto de Agroecoloxía e Alimentación, de cara á transición de sistemas agroalimentarios máis resilientes, sustentables, seguros e circulares”, engadiu Rubio.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...