InicioSociedadeUn proxecto vigués de xeración de vínculos, premio Fundación "La Caixa" Innovación...

Un proxecto vigués de xeración de vínculos, premio Fundación “La Caixa” Innovación Social 2022

O xurado recoñeceu o potencial do proxecto que, máis aló de promover a intervención laboral, amplía a mirada a nivel comunitario tentando modificar estruturas sociais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto ‘Participa: programa para a xeración de vínculos e inclusión social en contornas comunitarias’, promovido por Emaús Fundación Social, foi un do dez gañadores dos Premios Fundación “La Caixa” á Innovación Social 2022.

A iniciativa viguesa galardoada ten como obxectivo o acompañamento a persoas en situación de exclusión mediante unha metodoloxía de encontros improbables que fomenta a creación de espazos sociais, culturais e deportivos entre persoas con situacións e percorridos vitais diferentes que non coincidirían de forma natural.

O xurado recoñeceu o potencial do proxecto que, máis aló de promover a intervención laboral, amplía a mirada a nivel comunitario tentando modificar estruturas sociais que xeran desigualdade, así como promocionar o sentimento de pertenza e cohesión social.

“Gústanos falar de barrios coidados e que nos coidan, e este concepto do autocuidado e do coidado mutuo é esencial para nós”, declarou Juncal Blanco, responsable dun proxecto que implicou a 52 colectivos e comercios.

A cerimonia de entrega dos premios, celebrada en CaixaForum Madrid, foi presidida polo secretario de Estado de Dereitos Sociais, Nacho Álvarez; o director xeral da Fundación “La Caixa”, Antonio Vila Bertrán; e o subdirector xeral da Fundación “La Caixa”, Marc Simón.

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...

Trasladado a Vigo en helicóptero un mariñeiro ferido grave mentres faenaba a 100 millas de Cabo Vilán

Un mariñeiro tivo que ser trasladado a Vigo en helicóptero na noite deste pasado...