InicioSucesosArde un transformador nunha fachada da rúa Pizarro en Vigo

Arde un transformador nunha fachada da rúa Pizarro en Vigo

Segundo informou o 112 Galicia, o incendio produciuse ás 16,37 horas, momento no que un veciño alertaba da situación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Emerxencias 112 Galicia rexistrou na tarde deste luns un incendio no que se viu afectado o transformador dunha fachada da rúa Pizarro de Vigo.

Segundo informou o 112 Galicia a Europa Press, o incendio produciuse ás 16,37 horas, momento no que un veciño alertaba da situación.

O alertante sinalou que “moitos cables do transformador víronse afectados” polas chamas. A pesar diso, segundo indicaron desde o 112 Galicia, ningunha vivenda resultou afectada o incendio.

Por iso, desde Emerxencias 112 Galicia deuse aviso aos Bombeiros de Vigo, á Policía Local e a Protección Civil.

SEGUNDO INCENDIO REXISTRADO EN VIGO NUNHA SEMANA

Precisamente, a semana pasada, os Bombeiros de Vigo tiveron que sufocar na tarde do pasado mércores, 4 de xaneiro, un lume rexistrado nun transformador eléctrico situado na confluencia entre a rúa Xosé Gil e a Avenida da Florida de Vigo, que afectou a subministración eléctrico dunhas 500 persoas.

Tal e como informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron minutos antes das 18,00 horas, cando un particular alertou de que estaba “a ver saír fume dunha rejilla situada no chan fronte ao Hotel Hesperia, da que saía cheiro a queimado”.

Por iso, os servizos de emerxencia deron aviso a Protección Civil e aos Bombeiros de Vigo. Estes últimos, indicaron que a esas horas o lume xa estaba apagado, aínda que continuaron un tempo na zona.

Pola súa banda, fontes da compañía Naturgy consultadas por Europa Press confirmaron que se tratou dun incendio nun cadro de baixa tensión do transformador que estaba subterrado na zona.

ÚLTIMAS

Nova polémica no Pleno de Vigo tras aprobarse un novo programa de vivendas para familias vulnerables

A Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobou este martes unha iniciativa para pór en...

Caballero atribúe a subida do recibo de lixo á “estafa” de Sogama: “Rueda débese crer que en Vigo somos parvos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou a "caradura política" do PP por pedir...

Zona Franca e UVigo asinan o novo convenio para a Cátedra Ardán, que incrementa o orzamento ata 960.000 euros

O delegado da Zona Franca, David Regades, e o reitor da Universidade de Vigo,...

Enfróntase a 3 anos de cárcere por posesión e distribución de pornografía infantil en WhatsApp

Un veciño de Vigo sentará este mércores no banco dos acusados do xulgado do...