InicioSociedadeOs expedientes mollados tras as inundacións da Cidade da Xustiza xa se...

Os expedientes mollados tras as inundacións da Cidade da Xustiza xa se recuperaron

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta de Galicia asegurou este venres, tras as denuncias do sindicato Alternativas na Xustiza, que se produciron “incidencias concretas e puntuais” na Cidade da Xustiza de Vigo debido ás choivas dos últimos días.

Segundo informaron fontes do Goberno galego consultadas por Europa Press, a Cidade da Xustiza de Vigo sufriu unha filtración de auga “xa reparada” que “tan só afectou aos documentos de dúas caixas que xa foron restauradas”.

Ademais, as mesmas fontes aseguraron que a Xunta de Galicia adoptou medidas de protección provisionais para evitar “outros danos”.

Así mesmo, a Administración autonómica quixo aclarar que o número de caixas nos novos xulgados é inferior aos existentes nos baixos da rúa Lalín xa que as caixas que permanecen no edificio antigo “son expedientes obxecto de expurgo e dixitalización”.

No que se refire a a falta de medios para a posta en funcionamento de papel, a Xunta asegurou que “vén traballando na dixitalización dos xulgados e a dotación de todos os medios precisos”.

O Goberno galego tamén lamentou que “haxa colectivos que prefiran recorrer a descualificacións no canto de coñecer o funcionamento da Administración de Xustiza e que de incidencias puntuais fagan advertencias desmedidas”.

Precisamente, fontes da Dirección Xeral de Xustiza lamentaron a Europa Press as declaracións de Alternativas na Xustiza que, “tan só quere desprestixiar á Xustiza e prexudicar a todo o colectivo”.

DENUNCIA DE ALTENATIVAS NA XUSTIZA

A resposta da Xunta chega despois de que o sindicato Alternativas na Xustiza, dependente da Central Unitaria de Traballadoras (CUT), denunciase este venres que as choivas dos últimos días provocaron “inundacións” na Cidade da Xustiza de Vigo.

“Cando aínda non están instalados nin a metade das unidades xudiciais na Cidade da Xustiza de Vigo, xa se están deixando en evidencia algunhas das costuras denunciadas en plena rehabilitación do antigo Hospital Xeral”, criticaron desde o sindicato.

Segundo denunciou Alternativas na Xustiza nun comunicado, ademais do “ridículo espazo” que existe para os arquivos xudiciais, menos de 30.000 caixas polas máis de 110.000 que había nos baixos da rúa Lalín, agora hai que engadir as “inundacións” que tiveron lugar con motivo das importantes choivas dos últimos días.

“O nivel da inundación foi importante posto que hai moitos expedientes mollados, mesmo se teme pola posibilidade de que algún deles sexa irrecuperable”, cuestionou Alternativas na Xustiza.

Así mesmo, o sindicato cuestionou a “precaria e tardía posta en funcionamento do ‘Papel 0’, a mala formación e a falta de medios”, non sen antes presentar por escrito á Dirección Xeral de Xustiza un plan para eliminar o papel que existe nos xulgados e, evitar así, situacións como a actual.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...