InicioSociedadeA folga de letrados obriga a suspender o xuízo contra unha viguesa...

A folga de letrados obriga a suspender o xuízo contra unha viguesa por tenencia ilícita de armas e diñeiro falsificado

Fiscalía pide para a acusada cinco anos de prisión por tenencia de moeda falsa, e outros dous anos de cárcere por tenencia ilícita de armas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, suspendeu este mércores o xuízo contra unha viguesa acusada de tenencia ilícita de armas e posesión de diñeiro falsificado debido á folga de letrados convocada para este mércores e xoves.

Segundo o escrito do Ministerio Fiscal, o caso remóntase a marzo de 2020, cando un xulgado acordou a entrada e rexistro no domicilio da muller, que entón tiña 36 anos, como consecuencia doutro procedemento xudicial.

Ademais doutros efectos incautados no marco da outra causa, os axentes localizaron na súa casa un revolver da marca Mayer Sohen, recamarado para albergar cartuchos de 9mm e que funcionaba correctamente. Esta arma está, desde abril de 2018, “conceptuada como prohibida pola normativa actual“, lembra o Ministerio Público. Así mesmo, tamén se localizaron 150 billetes falsos, 89 deles de 20 euros e 61 de 10 euros. Fiscalía pide para a acusada cinco anos de prisión por tenencia de moeda falsa, e outros dous anos de cárcere por tenencia ilícita de armas.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...