InicioSociedadeUnha viguesa podería ir 7 anos a prisión por tenencia ilícita de...

Unha viguesa podería ir 7 anos a prisión por tenencia ilícita de armas e de diñeiro falsificado

A arma está, desde abril de 2018, "conceptuada como prohibida pola normativa actual"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha viguesa enfróntase a sete anos de prisión por tenencia ilícita de armas e posesión de diñeiro falsificado, un caso que xulgará o vindeiro mércores, día 14, a Audiencia Provincial de Pontevedra, na súa sede en Vigo.

En concreto, tal e como recolle o escrito de acusación fiscal, o caso remóntase a marzo de 2020, cando un xulgado acordou a entrada e rexistro no domicilio da muller, que entón tiña 36 anos, como consecuencia doutro procedemento xudicial.

Ademais doutros efectos incautados no marco da outra causa, os axentes localizaron na súa casa un revolver da marca Mayer Sohen, recamarado para albergar cartuchos de 9mm e que funcionaba correctamente. Esta arma está, desde abril de 2018, “conceptuada como prohibida pola normativa actual”, lembra o Ministerio Público. Así mesmo, tamén se localizaron 150 billetes falsos, 89 deles de 20 euros e 61 de 10 euros. Fiscalía pide para a acusada 5 anos de prisión por tenencia de moeda falsa, e outros dous anos de cárcere por tenencia ilícita de armas.

ÚLTIMAS

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...