InicioSociedadeA UVigo ofertará este ano 117 prazas de persoal docente e investigador

A UVigo ofertará este ano 117 prazas de persoal docente e investigador

A oferta de emprego público deste ano supera en seis prazas a do ano pasado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) ofertará este ano un total de 117 prazas de emprego público de persoal docente e investigador (PDI), das cales 52 corresponderán a profesorado titular, 40 a catedráticos e 25 a profesorado contratado doutor, reservándose 12 de titular de universidade para a contratación como persoal laboral fixo de persoal investigador doutor que finalice o programa Ramón y Cajal e obtivese o certificado I3.

Tal como reivindicou o reitor, Manuel Reigosa, esta oferta de emprego público trátase dunha “boa noticia” dentro da folla de ruta marcada fai cinco anos.

“Estamos a cumprir o establecido, mesmo con fartura, mesmo con prazas dabondo que non se van a executar ou que se executarán máis adiante, no caso de que teñamos profesorado acreditado”, engadiu Reigosa.

En concreto, a oferta de emprego público deste ano supera en seis prazas a do ano pasado, xa que depende da taxa de reposición correspondente, segundo indicou o vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións, Alfonso Lago.

Respecto de 2021, increméntanse en oito o número de prazas de catedrático de universidade de promoción interna. En quenda libre aprobáronse catro prazas menos de profesorado titular de universidade e dúas máis de contratado doutor.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...