InicioVigo e contornaVigoO Porto de Vigo creará unha marca propia para garantir a rastrexabilidade...

O Porto de Vigo creará unha marca propia para garantir a rastrexabilidade de produtos pesqueiros

O Porto de Vigo pretende dar "un paso máis na súa política de aposta por garantir a rastrexabilidade, a transparencia, a calidade e a sustentabilidade do peixe procedente da lonxa viguesa"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Antonio Basanta, presentou este luns, no marco da reunión do grupo de traballo Blue Growth de pesca fresca e conxelada, a iniciativa na que o Porto de Vigo traballa para a creación dunha imaxe de marca propia para os produtos pesqueiros.

O proxecto, aplaudido polos usuarios do Porto Pesqueiro vigués, permitirá que, en palabras de Vázquez Almuiña, “nas próximas semanas, os peixes e mariscos que se comercializan nos mercados da cidade luzan uns carteis que axudarán aos compradores a garantir que os produtos adquiridos proceden do Porto de Vigo”.

Con iso, o Porto de Vigo pretende dar “un paso máis na súa política de aposta por garantir a rastrexabilidade, a transparencia, a calidade e a sustentabilidade do peixe procedente da lonxa viguesa”.

A creación dunha imaxe de marca propia para os produtos pesqueiros do Porto de Vigo atópase enmarcada na estratexia de economía azul sustentable da Autoridade Portuaria, a chamada ‘Blue Growth Vigo’, dentro do proxecto de “Lonxa 4.0”, que pretende conseguir en Vigo un “porto innovador”.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...