InicioEconomíaA CIG de Vigo chama a participar na manifestación para "loitar por...

A CIG de Vigo chama a participar na manifestación para “loitar por unha vida digna”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG de Vigo chamou este mércores a participar na manifestación convocada o vindeiro mércores, 11 de novembro, no marco da folga xeral, que partirá ás 12.00 horas da Dobrada baixo a lema ‘Galiza en loita por unha vida digna’. Así o sinalaron o secretario comarcal do sindicato, Alberto Gonçalvez, e a responsable de Organización, Raquel Pérez, en rolda de prensa este martes, animando aos vigueses e a toda a comarca a protestar ante a situación de “verdadeira emerxencia social” que vive a clase traballadora galega.

“A subida imparable dos prezos dos alimentos, da electricidade e dos combustibles está a afogar a miles de familias mentres os salarios continúan conxelados ou sen capacidade de recuperar o poder adquisitivo perdido”, lamentou a CIG.

A isto sumar, ao seu xuízo, unha “crise sen precedentes” no acceso á vivenda, “que deixou de ser un dereito para converterse nun negocio especulativo puro e duro”. “Na cidade de Vigo, os alugueres subiron máis dun 70% na última década, mentres se executaron de media catro desafiuzamentos cada semana sen que se ofreza ningunha alternativa habitacional”, criticaron desde a CIG, pedindo a aprobación dun “plan de choque real” que inclúa a subida do SMI a 1.375 euros mensuais ou a intervención pública de sectores como o enerxético e o financeiro.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo anula o peche dun protocolo de acoso escolar tras incumprir o centro os prazos legais

O maxistrado da Sala número 2 da sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia...

O TSXG condena o Concello de Vigo a pagar case 4,6 millóns ao Porto por incumprir o mantemento de ‘Abrir Vigo ao Mar’

Un convenio asinado hai máis de tres décadas para transformar e abrir ao público...

A Deputación comprométese co Mundial de Vigo, pero reclama a Caballero un plan real: “Non abonda” con calcular os custos

A aspiración de Vigo de converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol 2030...

A Xunta di que “non comparte nin motivos nin obxectivo” da manifestación de SOS Sanidade en Vigo

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, amosou o seu "respecto" pola manifestación de...