InicioPolíticaA Xunta di que "non comparte nin motivos nin obxectivo" da manifestación...

A Xunta di que “non comparte nin motivos nin obxectivo” da manifestación de SOS Sanidade en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, amosou o seu “respecto” pola manifestación de SOS Sanidade Pública convocada para este mércores en Vigo, aínda que indicou que “non comparte nin os motivos nin o obxectivo”.  Así o sinalou o responsable do departamento sanitario da Xunta ante os medios de comunicación no marco dunha visita ao hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica, onde se van acometer obras de ampliación do servizo de Urxencias.

Todo isto despois de que a plataforma anunciase unha nova protesta para este mércores, que sairá da praza de España a partir das 19.00 horas, na que esixe a “reconstrución” da Área Sanitaria de Vigo.Caamaño foi preguntado por diversos asuntos na súa visita a Vigo desta mañá. Entre eles, pola posible compra de novos robots da Vinci de cirurxía. Segundo dixo, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) “está comprando todo o día” distintos equipamentos tecnolóxicos, dentro dun plan que abrangue todas as áreas sanitarias para renovar a tecnoloxía existente en todos os ámbitos, non só no de cirurxía.

POVISA

Tamén falou do remate do contrato co hospital Ribera Povisa de Vigo, e explicou que en abril finalizará, pero existe a posibilidade dunha prórroga doutros dous anos, o que permitiría non negociar un novo contrato, senón prorrogar o actual, apuntou. Precisamente, a prensa preguntoulle por que non se fan públicos os datos da lista de espera de Povisa, e Caamaño explicou que se debe a unha cuestión técnica que non permite extraelos de maneira homoxénea e segura. Con todo, asegurou que lle “viría ben”, xa que reducirían os tempos medios na Área Sanitaria de Vigo.

Ademais, Antonio Gómez Caamaño referiuse ao plan no que traballa a Consellería de Sanidade para recuperar “o antes posible” a programación autoconcertada, que permite reducir as listas de espera ao operar tamén polas tardes.  Entre outras medidas, o Sergas propuxo subir as tarifas destas horas extra dos profesionais sanitarios. Unha actividade que está paralizada desde o pasado mes de marzo.

ÚLTIMAS

Caballero presume dos turistas en outubro, “un 25% máis” que o ano pasado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este martes que a ocupación hoteleira durante...

Caballero: “Estes da deputación e estes do PP cren que en Vigo somos parvos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, augurou este martes que o PP deixará de...

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma “indefinida” pese ao desaloxo da protesta en Madrid

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma "indefinida" malia o desaloxo, levado...

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...