InicioSociedadeAbel Caballero di que é o Porto de Vigo o que "ten...

Abel Caballero di que é o Porto de Vigo o que “ten que buscar solucións e resolver” o problema de botellóns

A pesar de todo, indicou que a concelleira de Seguridade está disposta a reunirse co presidente do Porto, Jesús Vázquez Alñuiña, para tratar este tema.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que é o Porto olívico o que “ten que buscar solucións e resolver” o problema dos botellóns na zona portuaria.

Preguntado na súa rolda de prensa diaria, Caballero indicou que é a Autoridade Portuaria a que ten que “garantir a situación” e é o propio persoal do Porto o que ten que encargase. Caballero subliñou que a Policía Local actúa nos botellóns se hai algún problema de seguridade cidadá, pero é o porto o que ten que buscar solucións ao tema dos botellóns.

O rexedor olívico lembrou que era o Concello o encargado de limpar as zonas polas noites ata que o Porto “rompeu” o convenio ‘Abrir Vigo ao mar’. Esta circunstancia ocorreu tras o accidente de O Marisquiño 2018, cando o Porto asegurou que este convenio obrigaba ao goberno local a encargarse do mantemento desas zonas. A xustiza deulle a razón e o Porto terminou por acabar con ese documento ao entender que o Concello o “incumpriu”. A pesar de todo, Caballero indicou que a concelleira de Seguridade está disposta a reunirse co presidente do Porto, Jesús Vázquez Alñuiña, para tratar este tema.

Isto ocorre un día despois de que precisamente Vázquez Almuiña mostrase a súa preocupación polos macrobotellóns que cada fin de semana levan a cabo na zona portuaria, lembrando que a seguridade cidadá é competencia municipal.

Así, propuxo a celebración este venres dunha reunión de coordinación coa Policía Local, a Policía Nacional, a Policía Autonómica e a propia Autoridade Portuaria para adoptar medidas preventivas ante esta situación.

ÚLTIMAS

Varios feridos, entre eles un xogador, tras ceder un muro das gradas no campo de fútbol do Gondomar

Un partido de fútbol cadete entre o Gondomar CF e o Val Miñor rematou...

A RAGBA incorpora a Carlos López Bernárdez como experto en artes

O historiador de arte Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) ingresou este sábado na Real...

Dous accidentes en poucas horas deixan varios feridos leves en Vigo

O 112 informou de que unha saída da vía en Vigo propiciou que o...

Enfrontan penas de ata 5 anos por un roubo a man armada nun banco de Vigo

Dous homes acusados dun roubo con intimidación, como supostos autores dun atraco perpetrado nunha...