InicioPolíticaO PPdeG pide incluír nos PGE partidas para o tramo de AVE...

O PPdeG pide incluír nos PGE partidas para o tramo de AVE desde Vigo a Portugal

Para o PPdeG, o AVE Vigo-O Porto é unha prioridade para Galicia, polo que é "imprescindible" que o Goberno avance na súa tramitación e consigne o orzamento necesarios para executar as obras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentaron unha proposición non de lei para o seu debate na Comisión segunda de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos na que se pide ao Goberno central que inclúa nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) partidas para o desenvolvemento do tramo ferroviario entre Vigo e Portugal.

Así, o PPdeG lembrou que o Executivo luso presentou a finais de setembro a súa planificación en materia ferroviaria, “que deixa patente a súa aposta pola conexión por alta velocidade con Galicia ao potenciar a liña Lisboa-O Porto-Vigo”.

“Por contra, o Goberno de España, desdicíndose dos seus compromisos, defende a conexión por alta velocidade con Portugal desde Madrid, e aposta polo desenvolvemento do Corredor Mediterráneo en detrimento do Atlántico“, lamentaron os ‘populares’ galegos.

Para o PPdeG, o AVE Vigo-O Porto é unha prioridade para Galicia, polo que é “imprescindible” que o Goberno avance na súa tramitación e consigne o orzamento necesarios para executar as obras.

Por iso, na proposición non de lei, solicitou ao Executivo que avance de forma “inequívoca” na modernización dos tramos Vigo-O Porriño e O Porriño-Fronteira de Portugal, tanto no ámbito administrativo como orzamentario, empezando por incluír partidas con esta fin nos orzamentos de 2023.

Tamén solicita ao Goberno de Pedro Sánchez que inicia as negociacións con Portugal para subscribir o acordo entre os dous países que permita construír a nova ponte internacional ferroviario.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...