InicioSociedadeO servizo de recollida de lixo de Vigo anuncia folga indefinida desde...

O servizo de recollida de lixo de Vigo anuncia folga indefinida desde o 15 de xullo

O comité denuncia a negativa da empresa a incluír cláusula de revisión salarial no convenio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria de Vigo anunciou este martes a convocatoria de folga indefinida a partir do 15 de xullo, polo bloqueo na negociación do convenio e a negativa da empresa a aceptar a súa demanda de manter o poder adquisitivo do persoal.

Segundo informou o comité en rolda de prensa, tras semanas de reunións (desde marzo pasado), a empresa, FCC Medio Ambiente, “nunca se moveu” e mantense enrocada na súa negativa a aceptar cláusula de revisión salarial no convenio.

O presidente do órgano de representación dos traballadores, Rufino Santalices (CIG), explicou que os sindicatos estaban dispostos mesmo a aceptar o escaso incremento salarial exposto pola empresa (un máximo de 1,5 % nun acordo con vixencia de 4 anos), a condición de que se incluíse esa claúsula de revisión, dados os actuais niveis de inflacción.

“Non pedimos unha animalada, simplemente non perder poder adquisitivo”, apuntou Santalices, quen denunciou tamén que a concesionaria non só se nega a manter ese nivel adquisitivo, senón que pretende implementar “recortes” en “dereitos adquiridos” polo persoal, como complementos por IT ou a posibilidade de prexubilación aos 62 anos.

Dáse a circunstancia de que o actual servizo foi adxudicado a FCC hai pouco máis dun mes por parte do Concello, que unificou a limpeza viaria, a recollida de lixo, os colectores, limpeza de praias e reciclaxe nun único macrocontrato. A adxudicación fíxose por 9 anos (máis a metade do ano 2022) por máis de 400 millóns de euros, con posibilidade de dous anos máis de prórroga.

SERVIZOS MÍNIMOS

Por outra banda, o presidente do comité advertiu, con respecto aos servizos mínimos, de que o persoal non os cumprirá se considera que son “abusivos”, e lembrou que, antes da adxudicación do servizo, cando tiveron oportunidade de reunirse co goberno local para trasladar as súas achegas ao prego de condicións, o concelleiro responsable comprometeuse a pactar co persoal uns servizos mínimos en caso de folga.

Respecto diso, apuntou que, tradicionalmente, en momentos de folga, eses servizos reducíanse á recollida de lixo en espazos sensibles, como mercados, prazas, contorna dos centros de saúde ou centros de terceira idade, etc. “Se vemos que impoñen servizos mínimos abusivos, non os acataremos, recolleremos onde sempre o fixemos durante as folgas, e que tomen as medidas legais que queiran, aínda que iso sería botar gasolina ao lume”, advertiu Santalices, que engadiu: “Estamos preparados para o que faga falta”.

O persoal da concesionaria está formada por uns 500 operarios e o paro convocado terá incidencia nos servizos de recollida de lixo e limpeza viaria, aínda que o comité insistiu en que segue “disposto” a seguir negociando. Cada día recóllense ao redor dunhas 350 toneladas de residuos en Vigo.

ÚLTIMAS

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...

Arremeten contra unha xornalista no terceiro intento de desaloxo da casa ocupada na rúa Pardavila

Unha muller que estaba a ser desaloxada dunha casa ocupada desde hai anos en...

A Asociación de Dano Cerebral Alento preparará a tortilla máis grande da historia de Vigo” polo seu 25 aniversario

A Asociación de Dano Cerebral Alento elaborará este sábado a tortilla "máis grande da...

O BNG levará unha moción ao Pleno de Vigo para pedir a condena das “accións genocidas” de Israel en Gaza

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo levará unha moción para o...