InicioPolíticaFernández Tapias quere ocupar espazos "que non lle corresponden" en actos públicos,...

Fernández Tapias quere ocupar espazos “que non lle corresponden” en actos públicos, segundo o PSOE vigués

Este domingo, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, denunciou a "falta de respecto institucional" e a "falta de respecto a todas as mulleres" de Carmela Silva, á que acusou de practicar un "feminismo de hojalata e de 'todo a cen'".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE de Vigo saíu ao paso das críticas vertidas nas últimas horas pola secretaria xeral do PP, Paula Prado, que acusou á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, de “faltar ao respecto” á delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias.

A través dun comunicado, os socialistas vigueses denunciaron que a delegada territorial pretende, nos actos públicos nos que participa, “ocupar un espazo que, segundo as normas de protocolo, non lle corresponde”. “É sobradamente coñecido que esta actitude está a xerar un enorme malestar nos colectivos convocantes dos actos”, apuntaron desde o PSOE.

Así mesmo, tras acusar ao PP de “terxiversar” o ocorrido nunha recepción do Corpo Consular en Vigo, apuntaron que “os protocolos están para ser cumpridos e respectados” e censuraron as “provocacións” de Fernández Tapias, que atribuíron a un intento de “ocultar” a falta de atención da Xunta a Vigo e á provincia.

Este domingo, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, denunciou a “falta de respecto institucional” e a “falta de respecto a todas as mulleres” de Carmela Silva, á que acusou de practicar un “feminismo de hojalata e de ‘todo a cen'”.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...