InicioSucesosMulta de 540 euros e afastamento de dous anos a un home...

Multa de 540 euros e afastamento de dous anos a un home tras recoñecer que acosou durante anos a un coñecido

O responsable dun taller mecánico de Gondomar, I.D.V., aceptou este mércores unha condena de multa de 360 euros, como autor dun delito de resistencia, tras enfrontarse a dous axentes da policía local que lle puxeron unha sanción de aparcadoiro.

PUBLICADO O

O Xulgado do Penal 3 de Vigo ditou sentenza na que condena a un home, I.J.R.A., ao pago dunha multa de 540 euros como autor dun delito de acoso, e ao que lle aplicou a eximente incompleta de alteración psíquica. Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, este home coñeceu á vítima, que vivía na súa mesma rúa, cando ambos coincidían paseando aos seus cans.

Desde entón, e ao longo duns 12 anos, o procesado estivo acosando ao prexudicado, ao que chamaba “gatiño meu”, facéndolle chamadas e videochamadas constantes, mesmo de madrugada, enviándolle mensaxes con comentarios obscenos e de mal gusto, enviándolle flores, deixándolle notas na caixa de correos e mesmo esperándoo sentado nun banco á porta do seu domicilio.

A vítima presentou numerosas denuncias contra o seu acosador que, de feito, foi condenado ata en tres ocasiones polos delitos de vexacións e insultos, coaccións e ameazas. Como consecuencia dunha desas sentenzas, impúxoselle a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima, unha medida que o procesado incumpriu varias veces.

Precisamente, nunha das ocasións nas que quebrantou a orde de afastamento, en maio de 2021, foi detido por axentes da Policía Nacional.

Na vista de conformidade celebrada este mércores, a Fiscalía (que inicialmente pedía un ano de prisión e unha indemnización de 6.000 euros para a vítima) aceptou aplicarlle a eximente incompleta de alteración psíquica xa que, segundo os informes forenses, o acusado, que recoñeceu os feitos, presenta un trastorno de control de impulsos que mingua parcialmente a súa capacidade volitiva.

Así, a sala condenouno ao pago dunha multa de 540 euros (que pagará en 12 prazos de 45 euros) e impúxolle a prohibición de achegarse a menos de 100 metros ou comunicarse co prexudicado por un período de 2 anos. A vítima renunciou á indemnización.

MULTA DE 360 EUROS POR RESISTENCIA Á POLICÍA LOCAL

O responsable dun taller mecánico de Gondomar, I.D.V., aceptou este mércores unha condena de multa de 360 euros, como autor dun delito de resistencia, tras enfrontarse a dous axentes da policía local que lle puxeron unha sanción de aparcadoiro.

Así se conformou ante a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, nunha vista na que saíu absolto o outro procesado, un axente de policía, sobre o que a Fiscalía retirou a acusación. Neste procedemento, houbo inicialmente un terceiro acusado, pero as actuacións arquiváronse con respecto a el xa antes da celebración do xuízo.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron en xullo de 2019, cando o condenado estaba no seu taller e saíu correndo ao decatarse de que unha dotación da Policía Local puxéralle unha multa de aparcadoiro.

O acusado introduciu a súa cabeza dentro do vehículo policial e increpou aos axentes. Inicialmente, a Fiscalía pedía para el 21 meses de prisión (por un delito de atentado contra a autoridade) e multa de 500 euros polas lesións ocasionadas aos funcionarios.

Finalmente, os prexudicados renunciaron ás indemnizacións, e a causa saldouse cun acordo, cun único condenado por resistencia, ao pago dunha multa.

ÚLTIMAS

A ministra Pilar Alegría non puido celebrar un acto en Vigo pola imposibilidade de entrar na cidade por colapso de tráfico

O colapso de tráfico nos accesos viarios a Vigo obrigou a suspender un acto...

Convocada para este domingo en Vigo unha concentración en repulsa polo asasinato machista de Oroso

O Feminismo Unitario de Vigo convocou para este domingo unha concentración en repulsa do...

O goberno municipal insiste no “interese político” da folga de Vitrasa: “Queren danar o Nadal e á xente”

O goberno municipal de Vigo defendeu este venres a súa actuación ante o conflito de Vitrasa, concesionaria...

Intervidas case 1.800 plantas de marihuana no operativo antidroga no Baixo Miño que se saldou con 6 detidos

Comisaría Provincial de Pontevedra, o Grupo I da Udyco da Comisaría Vigo-Redondela e o...