InicioPolíticaO BNG de Vigo denuncia a "situación de caos" en moitas rúas...

O BNG de Vigo denuncia a “situación de caos” en moitas rúas por mor das obras

Propón unha comisión de seguimento destes traballos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo propuxo este luns a creación dunha comisión de seguimento das obras na cidade, ante a “situación de caos que se vive en moitas rúas”, na que estean representados o movemento veciñal, organizacións sindicais e persoal técnico.

Así, o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas puxo sobre a mesa a creación deste órgano para poñer fin ao “colapso” en moitos ámbitos da cidade, e para facer un “control exhaustivo” das actuacións, co fin de impedir as demoras na súa execución. “Hai que poñer racionalidade na xestión da obra pública e asegurar que as empresas adxudicatarias cumpren escrupulosamente tanto os prazos como as condiciones nas que se teñen que desenvolver”, apuntou Pérez Igrexas.

Tras cualificar como “nefasta” a xestión do goberno local nesta área, puxo como exemplos os traballos en Martínez Garrido, que provocan “importantes retencións de tráfico”; ou a “paralización inexplicable” doutras actuacións, como a instalación dunhas escaleiras mecánicas na rúa Noiro.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...