InicioSociedadeManuel Reigosa tomará posesión do cargo de reitor da UVigo este luns,...

Manuel Reigosa tomará posesión do cargo de reitor da UVigo este luns, nun acto presidido por Rueda

Foi reelixido reitor da UVigo o pasado 4 de maio, cun 72,3 % do voto ponderado favorable.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O salón de actos da Facultade de Económicas do Campus de Vigo acollerá este luns a toma de posesión do reitor da Universidade olívica, Manuel Reigosa, e do seu equipo de goberno, nun acto que estará presidido polo titular do Executivo galego, Alfonso Rueda.

Reigosa foi reelixido reitor da UVigo o pasado 4 de maio, cun 72,3 % do voto ponderado favorable, nun proceso que estivo marcado polo falecemento repentino, o día antes das eleccións, do vicerreitor Manuel Ramos, que formaba parte da candidatura de Reigosa.

No acto deste luns intervirá, en primeiro lugar, o secretario xeral da institución que, como é habitual nestes casos, dará lectura ao decreto de nomeamento do reitor. A continuación, Reigosa prometerá o seu cargo e o presidente da Xunta faralle entrega da medalla de reitor e do bastón de mando.

O novo reitor pronunciará o seu discurso e dará paso despois á toma de posesión dos novos cargos do equipo reitoral, integrado por 12 membros. Finalmente, a intervención de Alfonso Rueda porá punto final ao acto.

ÚLTIMAS

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...

O Porriño convidará ao Papa León XIV a visitar a localidade e valora nomealo fillo ilustre

O Concello do Porriño iniciou os trámites institucionais para convidar ao Papa León XIV...