InicioSucesosDetido en Vigo por bater de maneira violenta na porta da súa...

Detido en Vigo por bater de maneira violenta na porta da súa exparella

A muller facilitou á Policía Local a descrición do home e do vehículo que adoita conducir, o que levou aos funcionarios a localizalo na confluencia das rúas Tomás Alonso e Elio Antonio de Nebrija.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, M.G.C., natural e de Uruguai e de 41 anos de idade, tras bater de forma violenta e tentar entrar no domicilio da súa exparella.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado sábado, cando o 092 recibiu unha chamada dunha muller que aseguraba que a súa exparella estaba a intimidala, chamando de forma insistente ao telefonillo e, despois, aporreando e dando patadas á porta da vivenda para tentar entrar.

Ao non conseguir o seu obxectivo, o home sentouse a fumar no descansillo da escaleira do edificio, e finalmente marchou.

A muller achegou aos axentes a descrición do home e do vehículo que adoita conducir, o que levou aos funcionarios a localizalo na confluencia das rúas Tomás Alonso e Elio Antonio de Nebrija.

A Policía iniciou un discreto seguimento do sospeitoso, ata que este parou o vehículo nunha zona prohibida, mantendo o motor do coche aceso.

Os axentes dirixíronse a el para identificalo e solicitarlle a súa documentación, ao que el respondeu de forma agresiva e negándose a colaborar. Nun momento determinado, apeouse do coche e dirixiuse aos funcionarios de forma hostil, mentres presentaba ollos vidriosos e halitosis alcohólica.

O home tentou volver ao coche de novo para marcharse e, ao impedirllo os axentes debido ao seu estado de ebriedade, produciuse unha liorta, que acabou coa detención do sospeitoso. Ademais dun suposto delito de malos tratos ou ameazas, os Policías tramitaron dilixencias por unha infracción da lei de seguridade viaria, xa que lle realizaron unha proba de alcoholemia, que deu resultado positivo (0,60 e 0,55 mg/l, o que non excede o límite penal).

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...