InicioSociedadeDetidos 14 integrantes dunha rede de explotación sexual na área de Vigo

Detidos 14 integrantes dunha rede de explotación sexual na área de Vigo

Foron detidos en Vigo, Tomiño, Ponteareas e O Porriño, Nigrán e Vilagarcía de Arousa.

PUBLICADO O

A Policía Nacional detivo 14 persoas e liberou tres vítimas tras desarticular unha organización dedicada á explotación sexual en clubs de alterne e pisos na área de Vigo. Tal como explicou dito corpo de seguridade nun comunicado, a rede criminal aproveitábase da vulnerabilidade das súas vítimas, que se trataba de mulleres con cargas familiares considerables e en situación de necesidade económica.

Desta maneira, elas contraían unha débeda económica de ata 2.000 euros polo seu traslado a España desde Brasil, cantidade que ía en aumento se se negaban a manter relacións sexuais cun dos principais responsables da organización, que as “probaba para ver se servían”.

A forma de operar da organización estaba claramente distribuída entre os integrantes, con funcións concretas cada un deles. Así, un dos dirixentes encargábase de captar as vítimas en Brasil e de xestionar a viaxe ata España, onde as aloxaba e trasladaba para a súa entrega a outro dos xefes. Este rexentaba os clubs de alterne onde explotaban as súas vítimas na provincia de Pontevedra.

A organización tiña colaboradores no país suramericano que facilitaban visados de estudante ou certificados de vacinación Covid-19 falsos, ademais doutros integrantes que se encargaban dos clubs de alterne.

Por todo iso, segundo fontes da Policía Nacional, detívose a cinco persoas en Vigo, tres en Tomiño, dúas en Ponteareas, outras dúas no Porriño, así como unha en Vilagarcía de Arousa e outra en Nigrán.

ENTRADA EN EUROPA

A entrada en Europa realizábase fundamentalmente a través de Lisboa, desde onde as vítimas eran trasladadas por estrada á área de Vigo. Unha vez alí, eran movidas en taxis de confianza da rede criminal entre diversos clubs de alterne.

As mulleres, principalmente de nacionalidade brasileira, descoñecían no momento da súa captación que contraían unha débeda económica de ata 2.000 euros e que a debían saldar exercendo a prostitución. Por cada servizo sexual debían entregar entre 10 e 20 euros ou o 50% do que cobraban nos pisos.

Así mesmo, a organización criminal tamén se lucraba do alterne das mulleres cos clientes, e levaba 10 euros do pago das consumicións ás que eran convidadas e do seu propio aloxamento, que podería chegar ata os 100 euros semanais. Ademais, os membros da rede impúñanlles ás súas vítimas un sistema de multas que ía dos 30 aos 60 euros, do que non se explicaba motivo ningún sobre a suposta infracción cometida.

TRES VÍTIMAS LIBERADAS

Tras a investigación criminal, logrouse liberar tres vítimas e detivéronse a 14 persoas polos delitos de pertenza a organización criminal, trata de seres humanos con fins de explotación sexual, favorecemento da inmigración ilegal, relativos á prostitución e branqueo de capitais.

Así, o caso, que se remonta ao pasado mes de maio, está a ser investigado polo Xulgado de Instrución número 5 de Vigo, que enviou a prisión a dous dos 14 detidos.

Por iso, realizáronse ata cinco entradas e rexistros en inmobles situados na provincia de Pontevedra, incluíndo a cidade de Vigo, en tres clubs de alterne e dous pisos. Grazas a este labor policial, conseguiuse a clausura xudicial dos establecementos que utilizaban para a explotación.

Tamén se interveu un vehículo de alta gama, case 12.000 euros en efectivo, máis de dez terminais móbiles e outros dispositivos informáticos, así como documentación relacionada coa causa.

ÚLTIMAS

Detido un home pola súa suposta vinculación co crime da maleta

A Policía Nacional detivo na mañá deste venres a un home pola súa presunta vinculación co...

Vigo rexeita o “caciquismo” do PP na deputación ao “censurar” a relatoras por “causas políticas”

O pleno de Vigo aprobou este venres, cos votos do PSOE e do BNG, unha...

O PPdeG anuncia a “reconstrución” do partido en Vigo “coas mans libres” dos militantes

A xunta xestora do PP de Vigo, presidida por Ana Ortiz, presentouse este mércores formalmente...

Seis adultos e tres nenos quedan atrapados no ascensor Halo, inaugurado o pasado 16 de febrero

Nove persoas, seis adultos e tres nenos, quedáronse atrapados no ascensor Halo de Vigo,...